Xogo de mesa cultural "TI NON ES DE AQUÍ?"

36,95 €

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

NOTA IMPORTANTE:.

Para un mellor servizo, ao faceres a túa encomenda deste produto, selecciona como transportista Envialia.


TI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas, no que se pretende poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galicia, contestando preguntas sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas:


  1. lingua, literatura, biografías, premios literarios, Días das Letras, toponimia...
  2. prehistoria, os suevos, Prisciliano, idade media, irmandiños, política...
  3. monumentos, patrimonio, pintura, escultura, arquitectura, museos, etnografía...
  4. música, cinema, televisión, televisión, radio, premios, deporte, festivais...
  5. xeografía, festas, pesca, agricultura, industria, gastronomía, fauna, flora..


OBXECTIVO DO XOGO
Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro, un percorrido polo mapa galego,respondendo atinadamente o maior número de cuestións.


DESTINATARIOS/AS DO XOGO
TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñecementos culturais medios sobre Galicia. Poderán xogar nenos e nenas a partires dos 14 anos de idade aínda que o ideal sexa o alumnado dende o Ensino Secundario Obrigatorio en diante.


Dimensións da caixa: 235x235x65mm.


Máis información aquí: TI NON ES DE AQUÍ?