CONDICIÓNS XERAIS
Estas condicións xerais (en adiante, as Condicións Xerais) regulan o uso do servizo do portal de Internet ozocogz-atenda.com (en adiante, a Tenda) que a marca rexistrada OZOCOgz pon a dispor das usuarias e usuarios da Rede para a exposición e adquisición de produtos.
O emprego desta web atribúe a condición de usuaria ou usuario do Portal (en adiante, o Usuario) e expresa a aceptación plena e sen reservas do Usuario de todas e cada unha das Condicións Xerais na versión publicada por OZOCOgz® no momento mesmo en que o Usuario acceder ao Portal. En consecuencia, o Usuario debe ler atentamente as Condicións Xerais en cada unha das ocasións en que se propuxer utilizar o mesmo.
O uso de certos servizos ofrecidos aos Usuarios a través da Tenda encóntrase sometido a condicións particulares propias que, segundo os casos, substitúen, completan e/ou modifican as Condicións Xerais (en adiante, as Condicións Particulares). Con anterioridade á utilización de ditos servizos, por tanto, o Usuario tamén debe ler atentamente as correspondentes Condicións Particulares.
Así mesmo, a utilización do Servizo encóntrase sometida igualmente a todos os avisos, regulamentos de uso e instrucións postos en coñecemento do Usuario por OZOCOgz®, que completan o previsto nestas Condicións Xerais en canto non se opoñan a elas.
1.a. DATOS DA MARCA
En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI) infórmase do seguinte:
Titular da páxina Web: Eladino Cabanelas Fernández
- N.I.F. 34948486D Domicilio Social: Rúa Conde Vallellano, 53 - 5º - 32500 - O Carballiño (Ourense).
A través da Tenda, OZOCOgz® (Eladino Cabanelas Fdez., en adiante OZOCOgz®) facilita aos Usuarios o acceso a información e o emprego de diversos servizos e contidos postos a disposición dos Usuarios por OZOCOgz® ou por terceiros usuarios da Tenda e/ou terceiros provedores de servizos e contidos (en adiante, os Servizos).
OZOCOgz® resérvase o dereito a modificar unilateralmente, en calquera momento e sen aviso previo, a presentación e configuración da Tenda, así como os Servizos e as condicións requiridas para utilizar a Tenda e os Servizos.
1.1. Carácter gratuíto do acceso e utilización da Tenda.
A prestación do servizo da Tenda por parte de OZOCOgz® ten carácter gratuíto para os Usuarios da forma en que se indica expresamente nas súas correspondentes Condicións Particulares.
1.2. Obriga de facer un uso correcto da Tenda e dos Servizos
A/o Usuaria/o comprométese a utilizar a Tenda e os Servizos de conformidade coa lei, estas Condicións Xerais, así como coa moral e bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública. A/o Usuaria/o obrígase a absterse de utilizar a Tenda e os Servizos con fins ou efectos ilícitos, contrarios ao estabelecido nestas Condicións Xerais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar a Tenda e os Servizos ou impedir a normal utilización ou gozo da Tenda e dos Servizos por parte dos Usuarios.
1.3. Medios para a obtención de Contidos
A/o Usuaria/o deberá absterse de obter e mesmo de intentar obter informacións, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera clase de material accesíbel a través da Tenda ou dos Servizos (en adiante, os Contidos), empregando para isto medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, se puxeren á súa disposición a este efecto ou se indicaren a este efecto nas páxinas web onde se encontren os Contidos ou, en xeral, dos que se empregaren habitualmente en Internet a este efecto, sempre que non reportaren un risco de dano ou inutilización da Tenda, dos Servizos e/ou dos Contidos.
1.4. Uso correcto dos Contidos
O/A Usuario/a obrígase a usar os Contidos de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprométese a absterse de:
- (a) utilizar os Contidos de forma, con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e ós bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
- (b) reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os Contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou isto resulte legalmente permitido;
- (c) suprimir, eludir ou manipular o copyright e demais datos identificativos dos dereitos de OZOCOgz® ou dos seus titulares incorporados aos Contidos, así como os dispositivos técnicos de protección, as pegadas dixitais ou calesquera mecanismos de información que puideren conter os Contidos.
1.5. Uso dos Servizos ofrecidos na Tenda de conformidade coa Política Anti Spamming de OZOCOgz®
A/o Usuaria/o obrígase a facer un uso dos Servizos conforme á Política Anti Spamming de OZOCOgz® e, en particular, comprométese, a título simplemente indicativo e non exhaustivo, a absterse de:
- (i) remitir publicidade de calquera clase e comunicacións con fins de venda ou outras de natureza comercial a unha pluralidade de persoas sin que medie a súa previa solicitude ou consentimento;
- (ii) remitir calesquera outras mensaxes non solicitadas nin consentidas previamente a unha pluralidade de persoas;
- (iii) enviar cadeas de mensaxes electrónicas non solicitadas nin previamente consentidas;
- (iv) utilizar listaxes de distribución ás que se poida acceder a través da Tenda ou dos Servizos para a realización das actividades sinaladas nos apartados (i) a (iii) anteriores;
- (v) pór á disposición de terceiros, con calquera finalidade, datos captados a partir de listaxes de distribución.
As/os Usuarias/os prexudicadas/os pola recepción de mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas poderán comunicalo a OZOCOgz®
sinalando a práctica na comunicación.
1.6. Introdución de hipervínculos que permitan o acceso ás páxinas web da Tenda e aos Contidos
A/Os Usuarias/os e, en xeral, aquelas persoas que se propoñan estabeleceren un hipervínculo entre a súa páxina web e a Tenda (en adiante, o Hipervínculo) deberán cumprir as condicións seguintes:
- (a) o Hipervínculo unicamente permitirá o acceso ás páxinas web da Tenda, mais non poderá reproducilas de ningunha forma;
- (b) non se estabelecerán hipervínculos coas páxinas web da Tenda distintas da home-page ou páxina primeira da Tenda ou dos Servizos;
- (c) non se creará un browser nin un border enviroment sobre as páxinas web da Tenda;
- (d) non se realizarán manifestacións ou indicacións falsas, inexactas ou incorrectas sobre as páxinas web da Tenda e os Servizos e, en particular, non se declarará nin dará a entender que OZOCOgz® autorizou o Hipervínculo ou que supervisou ou asumiu de calquera forma os contidos ou servizos ofrecidos ou postos á disposición da páxina web na que se estabelece o Hipervínculo;
- (e) excepción feita daqueles signos que formen parte do mesmo Hipervínculo, a páxina web na que se estabelecer o Hipervínculo non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de estabelecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes a OZOCOgz® .
- (f) a páxina web na que se estabelecer o Hipervínculo non conterá informacións ou contidos ilícitos, contrarios á moral e bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calesquera dereitos de terceiros.
O estabelecemento do Hipervínculo non implica en ningún caso a existencia de relacións entre OZOCOgz® e o propietario da páxina web na que se estabelecer, nin a aceptación e aprobación por parte de OZOCOgz® dos seus contidos ou servizos.
OZOCOgz® utiliza cookies cando un Usuario/a navega polos sitios e páxinas web da Tenda. As nosas cookies asócianse unicamente cun Usuario/a anónimo e a súa computadora e non proporcionan referencias que permitan deducir o nome e apelidos do/a Usuario/a. As cookies de OZOCOgz® non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros proveedores. OZOCOgz® cifra os datos identificativos do/a Usuario/a para maior seguridade. Grazas ás cookies, resulta posíbel que OZOCOgz® recoñeza os Usuarios rexistrados despois de estes se rexistraren por primeira vez, sen que se teñan que rexistrar en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles. A/o Usuaria/o ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a instalación de cookies no seu disco duro. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar a Tenda, non é necesario que o/a Usuario/a permita a instalación das cookies enviadas por OZOCOgz®, sen prexuízo de que en tal caso cumprirá que o/a Usuario/a se rexistre cada vez que acceda a un servizo que requira o previo rexistro.
A/o Usuaria/o é consciente de e acepta voluntariamente que o uso da Tenda, dos Servizos e dos Contidos ten lugar, en todo caso, baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.
1.6.1. Dispoñibilidade e continuidade, utilidade e falibilidade:
OZOCOgz® non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da Tenda e dos Servizos. Cando isto for razoabelmente posíbel, OZOCOgz® advertirá previamente as interrupcións no funcionamento do Portal e dos Servizos. OZOCOgz® tampouco garante a utilidade da Tenda e dos Servizos para a realización de ningunha actividade en particular, nin a súa infalibilidade e, en particular, aínda que non de modo exclusivo, que os/as Usuarios/as poidan efectivamente utilizar a Tenda e os Servizos, acceder ás distintas páxinas web que forman a Tenda ou a aquelas desde as que se prestaren os Servizos.
OZOCOgz® EXCLÚE CALQUERA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PREXUÍZOS DE TODA NATUREZA QUE POIDAN DEBERSE Á FALTA DE DISPOÑIBILIDADE OU DE CONTINUIDADE DO FUNCIONAMENTO DA TENDA E DOS SERVIZOS, Á DEFRAUDACIÓN DA UTILIDADE QUE OS/AS USUARIOS/AS PUIDEREN ATRIBUÍR Á TENDA E AOS SERVIZOS, Á FALIBILIDADE DO PORTAL E DOS SERVIZOS, E EN PARTICULAR, AÍNDA QUE NON DE MODO EXCLUSIVO, AOS ERROS NO ACCESO ÁS DISTINTAS PÁXINAS WEB DA TENDA OU A AQUELAS DESDE AS QUE SE PRESTAN OS SERVIZOS.
1.6.2. Privacidade e seguridade na utilización da Tenda e dos Servizos
OZOCOgz® non garante a privacidade e seguridade da utilización da Tenda e dos Servizos e, en particular, non garante que terceiros non autorizados non poidan ter coñecemento da clase, condicións, características e circunstancias do uso que os/as Usuarios/as fan da Tenda e dos Servizos. A EMPRESA EXCLÚE TODA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PREXUÍZOS DE TODA NATUREZA QUE SE POIDAN DEBER AO COÑECEMENTO QUE POIDAN TER TERCEIROS NON AUTORIZADOS DA CLASE, CONDICIÓNS, CARACTERÍSTICAS E CIRCUNSTANCIAS DO USO QUE OS USUARIOS FAN DA TENDA E DOS SERVIZOS.
1.6.3 Calidade
OZOCOgz® non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos Contidos que poidan producir alteracións no seu sistema informático (software e hardware) ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático.
A EMPRESA EXCLÚE CALQUERA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PREXUÍZOS DE TODA NATUREZA QUE SE POIDAN DEBER Á PRESENZA DE VIRUS OU Á PRESENZA DOUTROS ELEMENTOS NOS CONTIDOS QUE POIDAN PRODUCIR ALTERACIÓNS NO SISTEMA INFORMÁTICO, DOCUMENTOS ELECTRÓNICOS OU FICHEIROS DOS USUARIOS.
1.6.4. Licitude, fiabilidade e utilidade
OZOCOgz® non garante a licitude, fiabilidade e utilidade dos Contidos.
A EMPRESA EXCLÚE CALQUERA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PREXUÍZOS DE TODA NATUREZA QUE SE POIDAN DEBER Á TRANSMISIÓN, DIFUSIÓN, ALMACENAMENTO, POSTA A DISPOSICIÓN, RECEPCIÓN, OBTENCIÓN OU ACCESO AOS CONTIDOS, E EN PARTICULAR, AÍNDA QUE NON DE MODO EXCLUSIVO, POLOS DANOS E PREXUÍZOS QUE SE POIDAN DEBER A:
- (A) O INCUMPRIMENTO DA LEI, A MORAL E OS BOS COSTUMES XERALMENTE ACEPTADOS OU A ORDE PÚBLICA COMO CONSECUENCIA DA TRANSMISIÓN, DIFUSIÓN, ALMACENAMENTO, POSTA A DISPOSICIÓN, RECEPCIÓN, OBTENCIÓN OU ACCESO AOS CONTIDOS;
- (B) A INFRACCIÓN DOS DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL, DOS SECRETOS EMPRESARIAIS, DE COMPROMISOS CONTRACTUAIS DE CALQUERA CLASE, DOS DEREITOS Á HONRA, Á INTIMIDADE PERSOAL E FAMILIAR E Á IMAXE DAS PERSOAS, DOS DEREITOS DE PROPIEDADE E DE TODA OUTRA NATUREZA PERTENCENTES A UN TERCEIRO COMO CONSECUENCIA DA TRANSMISIÓN, DIFUSIÓN, ALMACENAMENTO, POSTA A DISPOSICIÓN, RECEPCIÓN, OBTENCIÓN OU ACCESO AOS CONTIDOS;
- (C) A REALIZACIÓN DE ACTOS DE COMPETENCIA DESLEAL E PUBLICIDADE ILÍCITA COMO CONSECUENCIA DA TRANSMISIÓN, DIFUSIÓN, ALMACENAMENTO, POSTA A DISPOSICIÓN, RECEPCIÓN, OBTENCIÓN OU ACCESO AOS CONTIDOS;
- (D) A FALTA DE VERACIDADE, EXACTITUDE, EXHAUSTIVIDADE, PERTINENCIA E/OU ACTUALIDADE DOS CONTIDOS;
- (E) A INADECUACIÓN PARA CALQUERA CLASE DE PROPÓSITO DE E A DEFRAUDACIÓN DAS EXPECTATIVAS XERADAS POLOS CONTIDOS;
- (F) O INCUMPRIMENTO, RETRASO NO CUMPRIMENTO, CUMPRIMENTO DEFECTUOSO OU TERMINACIÓN POR CALQUERA CAUSA DAS OBRIGAS CONTRAÍDAS POR TERCEIROS E CONTRATOS REALIZADOS CON TERCEIROS A TRAVÉS DE OU CON MOTIVO DO ACCESO AOS CONTIDOS;
- (G) OS VICIOS E DEFECTOS DE TODA CLASE DOS CONTIDOS TRANSMITIDOS, DIFUNDIDOS, ALMACENADOS, POSTOS A DISPOSICIÓN OU DOUTRA FORMA TRANSMITIDOS OU POSTOS A DISPOSICIÓN, RECIBIDOS, OBTIDOS OU AOS QUE SE ACCEDESE A TRAVÉS DA TENDA OU DOS SERVIZOS.
1.6.5. Veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade
OZOCOgz® non garante a veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade dos Contidos.
A EMPRESA EXCLÚE CALQUERA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PREXUÍZOS DE TODA NATUREZA QUE SE POIDAN DEBER Á FALTA DE VERACIDADE, EXACTITUDE, EXHAUSTIVIDADE E/OU ACTUALIDADE DOS CONTIDOS.
OZOCOgz® non concede ningunha licenza ou autorización de uso de ningunha clase sobre os seus dereitos de propiedade industrial e intelectual ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado coa Tenda, os Servizos ou os Contidos, agás autorización expresa.
OZOCOgz® resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á Tenda e/ou aos Servizos, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, a aqueles/as Usuarios/as que incumpriren estas Condicións Xerais ou as Condicións Particulares que resultaren de aplicación.
Caso de calquera Usuario/a ou un terceiro considerar que existen feitos ou circunstancias que revelen o carácter ilícito da utilización de calquera contido e/ou da realización de calquera actividade nas páxinas web incluídas en ou accesíbeis a través da Tenda, e, en particular, da violación de dereitos de propiedade intelectual ou industrial (patentes, modelos e debuxos industriais, marcas e nomes comerciais, etc.) ou outros dereitos, deberá enviar unha notificación a OZOCOgz® na que se conteñan os seguintes extremos:
- (a) datos persoais: nome, dirección, número de teléfono e enderezo de correo electrónico do/a reclamante;
- (b) especificación da suposta actividade ilícita levada a cabo na Tenda e, en particular, cando se tratar dunha suposta violación de dereitos, indicación precisa e concreta dos contidos protexidos así como da súa localización nas páxinas web;
- (c) feitos ou circunstancias que revelan o carácter ilícito de dita actividade;
- (d) no suposto de violación de dereitos, sinatura auténtica ou equivalente, cos datos persoais do titular dos dereitos supostamente infrinxidos ou da persoa autorizada para actuar en nome e por conta desta;
- (e) declaración expresa, clara e baixo a responsabilidade do reclamante, de a información proporcionada na notificación ser exacta e do carácter ilícito da utilización dos contidos ou da realización das actividades descritas.
Estas notificacións deberán ser enviadas a:
OZOCOgz
Eladino Cabanelas Fdez.
Rúa Conde Vallellano, 53 - 5º
32500 - O Carballiño
Ourense (España)
A prestación do servizo de Tenda e dos demais Servizos ten, en principio, unha duración indefinida. OZOCOgz® pode dar por terminada ou suspender a prestación do servizo da Tenda e/ou de calquera dos Servizos en calquera momento, sen prexuízo do que se dispuxer ao respecto nas correspondentes Condicións Particulares. Cando isto sexa razoabelmente posíbel, OZOCOgz® pode emprender a acción ou suspensión da prestación do servizo da Tenda e dos demais Servizos.
Estas Condicións Xerais réxense pola lei española. OZOCOgz® e o/a Usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro, sométense ao dos Xulgados e Tribunais para calquera controversia que puidese derivarse da prestación dos servizos obxecto destas Condicións Xerais.
Protección de datos
De conformidade co disposto no Regulamento xeral de protección de datos (RGPD), informamos que os datos que vostede nos facilita a través da páxina web ozocogz-atenda.com, introducíndoos nos apartados ”Formulario de contacto” e ”Subscribirse”, farán parte de ficheiros titularidade de OZOCOgz®, denominados ”cliente”, cuxa finalidade será a de iniciar relacións habituais, así como comunicar as súas suxestións e propostas, respectivamente, así como remitirlle información -mesmo por medios electrónicos- sobre as novidades, actividades e servizos que presta OZOCOgz®, sendo este o único destinatario dos mesmos. A resposta ás preguntas do presente cuestionario é obrigatoria para alcanzar os obxectivos do mesmo, non sendo posíbel dita consecución sen a obtención da referida información persoal. Vostede poderá exercer os seus dereitos, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ou por correo electrónico (ozocogz@gmail.com), achegando copia, física ou escaneada, do seu documento de identidade, e dirixindo o escrito á “Responsabilidade de Seguridade de OZOCOgz” (Rúa Conde Vallellano, 53 - 5º -32500- O Carballiño - Ourense).