OZOCOgz Deseño Galego
components.miniCartComponent.cartIcon.accessibilityLabel
  • INICIO
  • TÉXTIL
  • Produtos OZOCOgz
  • XOGOS/BRINQUEDOS
  • LIBROS
  • MÚSICA
  • PAPELARÍA
  • OUTROS
  • OUTLET/DESCONTOS
  • NÓS
  • MICRO-RELATOS
  • INICIO
  • TÉXTIL
  • Produtos OZOCOgz
  • XOGOS/BRINQUEDOS
  • LIBROS
  • MÚSICA
  • PAPELARÍA
  • OUTROS
  • OUTLET/DESCONTOS
  • NÓS
  • MICRO-RELATOS

DEREITO DE RETRACTACIÓN - DEVOLUCIÓNS

En OZOCOgz® preocúpanos a satisfacción dos nosos clientese clientas. Se por algunha razón non estás plenamente satisfeito/a, tes a posibilidade de exercer o teu dereito de retractación dentro dun prazo de 10 días laborais a partir da data na que recibiches o pedido.

Para devolver un pedido tes que escribir a ozocogz@gmail.com dentro destes 10 días naturais.

O teu dereito de retractación está suxeito ás seguintes condicións:

* Debes poñerte en contacto con ozocogz@gmail.com para obter un número de devolución e informarnos dos artigos que desexas devolver.

* Os produtos deben devolverse intactos; non poden estar usados, nin danados.

* Os produtos devolveranse na súa embalaxe orixinal.

* Os produtos dun mesmo pedido débense devolver nun mesmo envío, non aceptamos en ningún caso recibir devolucións dun mesmo pedido por separado.

A túa devolución debe cumprir todas estas condicións para que sexa aceptada.

En caso de que a túa devolución non cumpra estas condicións e non sexa aceptada, OZOCOgz® poñerase en contacto contigo para ofrecerche a opción de devolverche os artigos que non foron aceptados.

Todos os gastos que xere esta devolución, incluído o transporte destes artigos, taxas ou impostos de alfándegas correrán pola túa conta. Se non aceptas esta opción OZOCOgz® pode quedar cos artigos e co importe destes.

No momento en que OZOCOgz® comprobe que todas as condicións arriba citadas son cumpridas, mandarémosche un correo electrónico informándote da aceptación da devolución.

A partir desa data temos 30 días laborais para a devolución do importe da túa compra. Non se devolverán en ningún caso os custes de envío.

Os artigos devoltos correctamente e sen danar se reembolsarán na mesma conta PayPal ou conta bancaria coa que se comprou o pedido, incluíndo IVE e excluíndo os custes de envío.

Só se devolverán os custes de envío en caso de que os motivos da devolución sexan imputables a OZOCOgz®, como por exemplo que o artigo non sexa o que pediras ou que estea defectuoso. A devolución farase a través do medio de pagamento que utilizaches.

Para máis información sobre devolucións e sobre o procedemento por favor consulta en ozocogz@gmail.com

  • Aviso legal
  • Política de privacidad
  • Política de cookies
  • Envío y entrega
  • Condiciones generales
  • Derecho de retirada
  • Domiciliación bancaria
  • Maestro
  • Visa
  • PayPal
  • American Express
  • MasterCard
  • Mensaxería
  • Correos