OZOCOgz®, o froito dunha fermosa experiencia
OZOCOgz® nace após unha primeira experiencia na que o sinxelo afán de sacar uns cartiños extra, nos levou a deseñar a nosa primeira camisola para vendela entre amizades e familiares. O éxito foi tal que deu lugar, non só a pensar en montar unha tenda senón, a crear a nosa primeira liña de produtos baixo o lema "Éche o normal".
Ao tempo que xorde a idea da tenda, xorde o nome da empresa baseado tamén nese primeiro deseño cun zoco, tamanca, chanca, galocho ou como lle chamen na túa zona. Por iso OZOCOgz® pretende ser un nome que abranga a identidade galega da empresa máis o espírito comercial da actividade aténdonos ao significado que a palabra zoco ten no mundo árabe.



%25208xu%25C3%25B1o13ret.jpg?hash=d2043361a137f7ade74e11746fe4d71a7595ca27&shop=98f49012-c9df-4a11-b79a-fdd164039bf4&width={width}&height=2560)









31-5-13.jpg?hash=04afd636f7aa7d8540d785d8030e6e8fa20c8ad3&shop=98f49012-c9df-4a11-b79a-fdd164039bf4&width={width}&height=2560)




















