ENVÍO E ENTREGA
Por favor le atentamente as presentes condicións de contratación e a nosa política de privacidade antes de realizar o teu pedido. Se non estás de acordo con todas as condicións de compra e coa política de privacidade, non debes realizar ningunha compra. As condicións de contratación aquí citadas, aplícanse a todas as transaccións realizadas en ozocogz-atenda.com. O idioma do contrato de compra-venda empregado é o Galego.
ACTIVIDADE
OZOCOgz® é unha marca que deseña, manufactura e vende produtos deseñados polo deseñador gráfico Eladino Cabanelas Fdez. O acceso a ozocogz-atenda.com ou a www.ozocogz.com.com e o seu uso, está regulamentado polas presentes condicións de uso e de venda. O acceso a este sitio Web, o seu uso e a compra de artigos presupoñen a lectura, o coñecemento e a aceptación das presentes condicións xerais.
Se desexas coñecer máis detalles de tipo legal, consulta os apartados de política de privacidade e dereito de retractación de ozocogz-atenda.com. Ademais, podes visitar a área de A MIÑA CONTA, onde atoparás información adicional acerca dos pedidos, envíos, reembolso e devolución dos produtos adquiridos en ozocogz-atenda.com así como outra información de interese.
OZOCOgz® poderá modificar ou actualizar en todo ou en parte as presentes condicións xerais, tendo en conta os eventuais cambios da lexislación e as normas vixentes. Cada nova versión das Condicións Xerais de Uso e Contratación será efectiva a partir da data da súa publicación na Web. Por favor, revisa estas condicións xerais a miúdo. Se non estás de acordo con calquera cambio que se poida producir nas condicións xerais, debes de deixar de utilizar esta Web.
Para usar algún dos servizos ou algúns apartados dispoñibles nesta Web, necesitarás rexistrarte. Pode ser que cambiemos a información requirida para o teu rexistro de cando en vez. Cando te rexistres, requiriráseche certa información persoal que debe ser verdadeira, precisa, actual e completa en todos os aspectos. Se algún dos datos que proporcionaches ao rexistrarte cambia, por favor cámbiaa dentro de A MIÑA CONTA.
O/A cliente/a é o/a único/a e exclusivo/a responsable do uso de ozocogz-atenda.com e dos seus contidos, e OZOCOgz® non poderá ser considerada responsable de ningún uso do sitio Web ou dos seus contidos por parte de cada un dos usuarios que non respecte a lexislación e as normativas vixentes. O usuario é o único e exclusivo responsable da comunicación de información e datos incorrectos, falsos ou relativos a terceiros (en caso de que estes non expresasen o seu consentimento ao respecto), así como do uso incorrecto destes. En caso de observar que se estean a levar a cabo actividades ilegais, ou se estean a violar estas condicións xerais, reservámonos o dereito a denegar o teu acceso a esta Website ou a calquera parte desta, sen notificación.
- CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA
* OZOCOgz® ofrece a venda dos seus produtos a través de ozocogz-atenda.com só a consumidores finais. Esta Website é para o teu uso persoal exclusivamente.
Consumidor final é calquera persoa física que compra en ozocogz-atenda.com con fins distintos a actividades empresariais, comerciais ou profesionais. OZOCOgz® non atenderá encargo na tenda ozocogz-atenda.com que non sexa realizado por un consumidor final.
Aqueles profesionais e/ou empresarios que desexen comprar a OZOCOgz®, poden poñerse en contacto no correo electrónico ozocogz@gmail.com ou polo formulario de contacto.
* OZOCOgz® resérvase o dereito a modificar a oferta comercial en calquera momento do seu Website (modificacións sobre prezos, produtos, promocións, e outras condicións comerciais e de servizo). Estas modificacións non afectarán en ningún caso ás compras xa realizadas.
* Os prezos expostos nesta páxina Web para países da Unión Europea levan incorporado xa o IVE que no seu caso sexa procedente aplicar, polo que non terás ningunha recarga adicional.
Os prezos que aparecen na Web para países fóra da Unión Europea non inclúen IVE. Ao recibir o teu paquete, terás que facer fronte a unha recarga de impostos e alfándegas.
Podes contactar coas oficinas de alfándegas do teu país para solicitar información detallada acerca destes gastos. Se decides rexeitar a túa compra realizada en ozocogz-atenda.com unha vez chegue o paquete, terás que facerte responsable dos custes de envío orixinais, calquera imposto ou cargo de alfándegas aplicado ao teu pedido así como do custo de envío do paquete de volta. Esta cantidade deducirase do importe a devolver do teu pedido. Estamos obrigados por lei a declarar o valor exacto dos contidos do paquete e non podemos alteralo de ningún xeito.
1.1 Pechar un contrato de Compra-Venda con OZOCOgz®
Para facer unha compra, debes engadir os produtos que che interesen no ‘carro’ ou 'cesta' e seguir os pasos que se definen na Web. Para pechar un contrato de venda con OZOCOgz® tes que encher o formulario de pedido que poñemos á túa disposición en formato electrónico e transmitírnolo seguindo todos os pasos.
Dende o formulario de encargo poderás ter acceso ás condicións xerais, dereito de retractación, política de privacidade, prezo e descrición dos produtos seleccionados, modalidades de envío e custes destes mesmos.
O contrato con OZOCOgz® péchase no momento en que recibimos de forma telemática o teu pedido e comprobemos o pagamento e a veracidade de todos os datos. OZOCOgz® cancelará automaticamente calquera pedido cando non se produza o pagamento do mismo nun prazo de 24hs hábiles.
Antes do envío do teu pedido, convidámoste a ler as condicións xerais e poderás cambiar os teus datos se non son correctos.
Tras o envío telemático do teu pedido aparecerache unha pantalla informándote do número de pedido e de que o pedido foi realizado, recomendámosche que imprimas esta pantalla por se non te chegase o correo electrónico que emitimos automaticamente informándote da confirmación do teu pedido e o número que lle corresponde.
OZOCOgz® pode absterse de atender pedidos que non teñan garantías de solvencia, que estean incompletos ou en caso de que os produtos non estean dispoñibles. En calquera destes casos comunicaráseche por correo electrónico que o contrato non foi pechado comunicándoche as razóns polas que non puido levarse a cabo. No caso de que previamente a detectar o problema, o formulario de pedido fose transmitido e aboado, enviaráseche un aboamento do que xa anticiparas.
Cando nos transmites o formulario de pedido estás a aceptar as condicións xerais, a Política de Privacidade, dereito de retractación e todos os contidos de OZOCOgz®. Se tes algunha dúbida ou non estas de acordo non transmitas o formulario.
1.2 Forma de pagamento
Ao formular o pedido, o cliente poderá utilizar as pasarelas de pagamento seguro de PAYPAL ou MOLLIE. Non é necesario ter unha conta en ningunha das pasarelas para poder pagar, podes pagar utilizando a túa tarxeta de crédito unha vez ingreses ás pasarelas de pagamento ou pagar dende a túa propia conta de PAYPAL.
O cliente tamén poderá realizar o pagamento mediante transferencia bancaria, ingresando o diñeiro no número de conta que se detallará unha vez finalizado o pedido, co seu correspondente número de pedido para poder ser identificado correctamente.
1.3 Forma, gastos e prazo de envío
Os pedidos enviaranse ou ben por Correos ou ben por Envialia. Se no momento da entrega, non te atopas no teu domicilio, podes pasar a recollelo pola oficina de correos que che corresponda ou contactar con Envialia (segundo sexa o caso). OZOCOgz® prepara os pedidos unha vez recibido o pagamento, o tempo de manufacturación non adoita exceder os 2 días hábiles. No momento de recibir o teu pedido, informarémoste de calquera rotura de stock que puidese producirse e do prazo estimado. Unha vez enviado, o tempo de entrega será de 2 a 3 días laborais aproximadamente para destinos estatais e de 1 a 3 semanas para destinos internacionais.
O importe do envío para Península e Baleares será calculado automaticamente actualizar a cesta da compra. Para Envíos a Ceuta, Melilla, Illas Canarias e Envíos Internacionais debes poñerte en contacto previamente por correo electrónico ozocogz@gmail.com ou mediante o formulario de contacto habilitado en ozocogz-atenda.com
O enderezo de envío será o que se indique no pedido. Se este é incorrecto ou incompleto, non nos facemos responsables de substituír o pedido se o paquete se perde. Os envíos chegan na inmensa maioría dos casos, pero a tarifa de envío non inclúe o seguro por perda do paquete ou do seu contido. OZOCOgz® non se responsabiliza se o envío non chega a destino. Se queres asegurar o contido ponte en contacto connosco, por un prezo extra podes contratar o seguro de correos.
Non nos facemos responsables dos posibles custos de alfándegas, gastos de tramitación ou calquera outro cargo extra que puidese emitir o país destino.
Se prefires calquera outra modalidade de envío (por exemplo envío URXENTE ) por favor ponte en contacto connosco por correo electrónico a ozocogz@gmail.com ou mediante o formulario de contacto habilitado en ozocogz-atenda.com.
1.4 Packaging
OZOCOgz® prepara a túa peza protexéndoa para que chegue en perfectas condicións; utilizamos, xeralmente, papel burbulla ou en sobres acolchados con este material. Existe a posibilidade de enviar xunto ao teu pedido para regalo, unha tarxeta personalizada coa mensaxe que desexes. Se é o caso, ponte en contacto connosco en ozocogz@gmail.com ou mediante o formulario de contacto habilitado en ozocogz-atenda.com para que poidamos axudarche a incluíla no teu paquete sen ningún custo adicional.
1.5 Sobre as Pezas
Os produtos que se ofrecen na web poden non corresponder cos detalles reais dos produtos dado que as imaxes dos produtos poden verse diferentes dependendo do monitor ou o navegador de web utilizado.
1.6 Atención ao cliente
Para obter calquera aclaración, poñer unha reclamación ou se xorde algunha incidencia relacionada co teu pedido, podes poñerte en contacto connosco mandando un correo electrónico ó enderezo ozocogz@gmail.com.com ou mediante o formulario de contacto habilitado en ozocogz-atenda.com