Tapabocas / máscara tradicional TNT
12,00 €
Núm. producto: tapabocas08
Descripción
TAPABOCAS / MÁSCARA HIXIÉNICA LAVABLE
Confeccionada a man, lavábel e reutilizábel.
TNT - Tecido non Tecido Polipropileno.
Cumpre coa normativa UNE-0065. Exterior de algodón 100% orgánico, repelenta á auga, transpirábel e antibacteriano.
Recomendábel pasar o ferro a temperatura baixa/media despois de cada lavado. A temperatura alta córrese o risco de queimar o filtro.
IMPORTANTE!
Non é un produto sanitario no senso do regulamento (UE) 2017/745 (máscaras cirúrxicas), nin un equipo de protección individual no senso do Regulamento (UE) 2016/425 (máscaras autofiltrantes FFP2).
IMPORTANTE: Non empregar lixivias nin desinfectantes.
As máscaras están realizadas con panos tradicionais de algodón polo que o debuxo pode variar algo en función da zona do pano onde se realice o recurte para o pano.
Non sempre están dispoñíbeis nos mesmo fondos polo que vos pregamos que á hora de facer a/as encomenda/as nos especifiquedes unha orde de preferencia, por exemplo opción 1 con fondo vermello, 2 con fondo amarelo e 3 beixe, así, no caso de termos rematado algunha mandariamos a seguinte dispoñíbel.