Descripción
A EDITORIAL GALAXIA PUBLICA EN EDICIÓN FACSIMILAR OS ÁLBUMES DE GUERRA DE CASTELAO. É A PRIMEIRA VEZ QUE SE PUBLICAN A PARTIR DAS LÁMINAS ORIXINAIS
A Editorial Galaxia pecha o seu ano literario coa publicación dos Álbumes de Guerra de Castelao. E, por vez primeira, a edición facsimilar realízase a partir das láminas orixinais que están depositiadas no Museo de Pontevedra. Outras edicións fixéronse antes pero nunca como desta volta fai a Editorial Galaxia que os publica por separado e mantendo as características que o propio Castelao quixo para o seu traballo.
Os tres álgumes edítanse en edición facsimilar e respectando escrupulosamente as edicións orixinais feitas e controladas polo propio Castelao no seu tempo.
Os Álbumes de Guerra conteñen as estampas que Castelao realizou para dar conta das barbaridades do fascismo durante a Guerra Civil Española e están compostas polos títulos Galicia Mártir, Atila en Galicia e Milicianos.
O Castelao humorista deixa paso ao Castelao cronista dun tempo de barbarie que, nas súas estampas, queda inmortalizado coma un berro desesperado e unha protesta contra da barbarie dos fascistas e dun tempo escuro que convén non esquecer para non repetir xamais.
Agora, e por vez primeira, a disposición do público galego nunha coidada edición facsimilar que respecta ao cen por cen as calidades e as tonalidades que o propio Castelao aprobou cando saíron no seu día do prelo.
- Páxinas : 24
- Deseño : Rústica
- Dimensións : 280 x 380
- Data Publicación : 12/12/2018
- Colección : Álbumes de Guerra
- Editorial : Galaxia
- ISBN : 978-84-9151-275-2