Maskarpone - "Outra esmorga"

10,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-005-DEP

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Formato CD

Reggae / Ska / Rock

Maskarpone xorde en Ourense no 2009. A primeira formación (Lore- voz, Carlinhos- batera, David- guitarra, Negro- baixo e Elías-guitarra) é a que decide poñerse mans á obra, bautizar a banda e botarse a tocar polo mundo.

Ofrecen unha mestura de reggae e ska, con pequenos acenos de rock e música tradicional.

No 2011 gravan a primeira demo con catro temas (tres propias e unha versión) e, por circunstancias da vida, a banda sofre diversas baixas e incorporacións, o que supón un ano enteiro de reestruturación. Xa no verán de 2012, os Maskarpone voltan ós escenarios tocando un ska contundente en varios festivais e garitos por Galiza adiante (Ourense, Ribadavia, Viana do Bolo, Vigo, Xinzo, Coruña…) intentando transmitir a filosofía orixinal: festa.

Outra esmorga (2018): Segundo traballo discografico da banda ourensana, gravado e mesturado por Lolo Arincón en Xonix Records.

Maskarpone son:
-Zaraida: Voz
-Berni: Acordeón e coros
-Bush: Batería
-Martiño: Saxo e coros
-Champi: Baixo
-David: Guitarra