GALIZA no TEMPO - Naipes Historia da Galiza

26,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: xogo037

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

COÑECE A NOSA HISTORIA XOGANDO!


  • 55 cartas
  • Idioma: Galego
  • Dependencia do idioma: Algo, non moito
  • Número de xogadores: 2-6
  • Duración das partidas: Aproximadamente 15min.
  • Idade: 8+


GALIZA NO TEMPO

Un xogo de cartas no que se representan momentos relevantes da historia de Galiza. Por quendas, cada quen debe situar as súas cartas na orde cronolóxica que considere correcta con respecto ás que xa estean colocadas sobre a mesa.


FINALIDADE DIDÁCTICA

A historia que, dende o sistema educativo español do que formamos parte, se ensina está chea de imprecisións e de ocultacións no que ten a ver co noso País. Estas imprecisións parten dunha visión centralista tendente a negar calquera episodio histórico que poida ter “difícil” encaixe na historiografía oficial.


Conscientes deste feito nace GALIZA NO TEMPO un xogo que, sen grandes pretensións, busca espertar a curiosidade das e dos participantes e, ao tempo, lembrar episodios da nosa historia dun xeito didáctico e divertido.

AS CARTAS


55 cartas. Cada unha delas leva no anverso a ilustración e o nome dun acontecemento. No reverso leva a mesma ilustración así como a data que corresponde a ese acontecemento.


OBXECTIVO DO XOGO

Ser o primeiro xogador ou xogadora en ficar sen cartas na man.


COMO XOGAR

1. Os e as xogadoras situaranse arredor dunha mesa ou superficie adaptada para o xogo.

2. Sortearase quen comeza a xogar en primeiro lugar. As ou os seguintes participantes farano seguindo o sentido das agullas do reloxo.

3. Barallar ben as cartas tendo a precaución de que as datas (o reverso) permanezan sempre ocultas.

4. Repartir 4 cartas a cada participante de forma que, coma no punto anterior, nunca sexan visíbeis as datas dos acontecementos (tamén se pode xogar con máis cartas por participante, isto fará que o desenvolvemento das partidas se faga un chisco máis difícil). Cada xogador ou xogadora terá as súas cartas diante, sobre a mesa, de forma que non saiba a data do acontecemento.

5. Colocar o resto das cartas, coas datas para abaixo, nun mazo sobre a mesa ao alcance de todas as xogadoras ou xogadores.

6. Coller a primeira carta do mazo, darlle a volta coa data para arriba e situala no centro da superficie de xogo.

7. Comeza a partido, a primeira persoa participante deberá colocar unha das súas cartas á esquerda da que está na mesa, se coida que a data da súa carta é anterior ou á dereita se, pola contra, pensa que é posterior.

8. Despois de colocar a carta, a persoa participante, deberá darlle a volta para comprobar se atinou coa colocación

Se a carta está correctamente colocada, permanecerá aí coa data para arriba.

Se a carta non ficou colocada correctamente, descártase colocándoa a carón do mazo principal (irase formando un pequeno mazo coas cartas incorrectamente situadas). Deseguido a xogadora ou xogador debe coller a carta superior do mazo e colocala coa data para abaixo xunto das súas outras.

9. É a quenda da ou do seguinte participante. Se a primeira persoa participante non colocou ben a súa carta, a segunda procederá coma no punto 7, e se a primeira si o fixo ben, a segunda pode elixir entre tres lugares, ou momentos temporais, nos que colocar a súa carta: á esquerda das dúas xa colocadas, á dereita das mesmas, ou no medio das dúas, segundo coide que debería encaixar o acontecemento histórico co que xoga.

10. Se a segunda xogadora ou xogador sitúa ben a súa carta, esta permanece no seu lugar, coa data cara arriba. A liña do tempo vaise reorganizando aumentando os posíbeis lugares de colocación nos espazos entre cartas da mesa.

11. É o momento da ou do terceiro participante e así sucesivamente, coas rondas que fagan falla, ata o final da partida.

12. No caso de acabarse o mazo principal barallaranse as cartas desbotadas formando un novo mazo (coas datas para abaixo).


FIN DA PARTIDA

Se nunha ronda un só xogador ou xogadora coloca de forma correcta a súa derradeira carta é declarada ou declarado xa gañadora ou gañador da partida.

Se son varias as xogadoras ou xogadores que nunha ronda colocan a súa carta derradeira, seguen xogando ficando o resto de participantes eliminados. Para seguiren xogando van roubando unha carta a cada ronda e colocándoa na liña do tempo, seguindo as regras ata que fique unha persoa soa sendo a única que coloque de forma correcta a súa carta nunha soa ronda. Esta ou este último será, entón, declarada ou declarado gañadora ou gañador.


CRÉDITOS

Autor da cronoloxía: Eladino Cabanelas (OZOCOgz deseño galego)

Ilustracións das cartas: Elena Andrés

Deseño gráfico: OZOCOgz deseño galego

Impresión: Imgrafor


Dimensións da caixa: 137x96x32 mm.


NOTA IMPORTANTE:

Para un mellor servizo, ao faceres a túa encomenda deste produto, selecciona como transportista Mensaxería.