Camisola muller sisas algodón serigrafía ROSALÍA

18,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: camis010S


Descripción

Camisola muller entallada serigrafía, con sisas e escote ribeteado, ancho e enrrolado. Costas tipo nadadora e costuras laterais. Dispoñíbel en cor AZUL ELÉCTRICO.

Na imaxe podemos apreciar una Rosalía de Castro máis nova do cotián, imaxe que quere enraizar á nosa POETA coa Galiza que tanto cantou, reivindicou e defendeu.
Os versos que acompañan pertencen ao poema "Eu cantar, cantar, cantei" do seu libro "Cantares Gallegos".

Para escolleres o teu talle toma como referencia a táboa de talles e medidas que figura entre as ilustracións do produto. Mide unha das túas camisolas. Despois compara esas medidas coas da táboa. De tiveres dúbidas entre dous talles, colle o superior, xa que o algodón tende a encoller un chisquiño no primeiro lavado.