Camisola muller algodón serigrafía BAILADORES

18,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: camis020M


Descripción

"Unha volta polo medio,

outra polo d'arredore,

así fai o quen ben baila,

así fai o bailadore."


Camisola muller entallada serigrafía, con colo redondo dobre, 100% algodón, punto liso, 160 g/m2, cubre costuras reforzado en colo e ombreiro, costuras laterais. Dispoñíbel en cor VERMELLA.
Para escolleres o teu talle toma como referencia a táboa de talles e medidas que figura entre as ilustracións do produto. Mide unha das túas camisolas. Despois compara esas medidas coas da táboa. De tiveres dúbidas entre dous talles, colle o superior, xa que o algodón tende a encoller un chisquiño no primeiro lavado.