Berlai - CAS BERLAI

12,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-088DEP

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

CD


"Berlai, o proxecto musical de Xiao Berlai, retorna en tempos de coronavirus cun disco creado durante o confinamento, dispoñíbel a partir de hoxe. Chámase Cas Berlai en referencia ao lar no que foi creado.

Logo do éxito de crítica do seu primeiro álbum, Desconhecido, o ex Fía na Roca trae unha proposta máis acústica e caseira, cantando á rutina e á beleza do cotián. Nela, cada canción convértese nun espazo da casa: a cama, o corredor, o espello, o water, a sala ou a “cas de Tróski” (o seu can).

Todos os temas son escritos por el agás a adaptación de “A lista da compra -da viúva-“, de Emma Pedreira. Neles fala do seu pai -morto antes de tempo-, das rupturas dos amores que nos tronzaron ou do seu TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade).


A beleza está nas "flores que nacen do cemento", presenta o autor o disco gravado case na súa totalidade no confinamento e sen verse entre os músicos: Pablo Sanmamed (contrabaixo), Xiao Berlai (guitarra acústica), Iago Mouriño (piano) e Bruno Couceiro (batería).

Este traballo nace no confinamento vivido na aldea: “Con todo o bo que ten morar aquí nestes momentos (e tamén noutros, claro).

Sen esquecer as casas a medio construir no rural galego. Esas casas que son esquelete de formigón (como preludios de ilusións rotas)”.

Esas casas que protagonizan a arte que se plasma no propio CD, asinado por Ernesto G. Torterolo, que coñecemos como autor das ilustracións do primeiro traballo de Xiao."*


*TEXTO EXTRAÍDO DE NÓS DIARIO DIXITAL - 23 NOVEMBRO 2020