Alfonso Medela - SEVEN COLOURS
Núm. producto: CD-038-DEP
Descripción
Formato CD
Jazz
Alfonso Medela é un pianista, compositor e adaptador, nacido no Carballiño (Ourense) en 1974. Conta con máis dun centenar de temas propios, algúns deles galardoados co primeiro e segundo premio da Xunta de Galicia. En 2003 foi un dos cinco finalistas seleccionados para o premio “Tete Montoliu” ao pianista revelación do ano. En maio de 2006 recibe en Valladolid o premio “Racimo” pola súa traxectoria musical co trío Guaguancó. En decembro do 2006 “Agamujazz” outórgalle o terceiro premio de composición.
En 2011 edita con Audia Records o seu novo álbum “Seven Colours” con composicións e arranxos propios e gravado con músicos do talle de Jesús Prieto “Piti” ou a lenda viva Carlos Carli, entre outros.
“Seven Colours” presenta sete temas en formato trío e tres temas con septeto. O resultado final é unha colaxe cuxo denominador común é un linguaxe universal: a música. Un álbum ecléctico que camiña parello á versatilidade dos músicos participantes nel, xa que cada un deles impregnouse de diferentes culturas e estilos musicais, proporcionando unha panorámica amplísima desde o punto de vista interpretativo.