A Quenlla - TERRA
Núm. producto: CD-139
Descripción
CD
Grupo lugués formado en 1984 por -entre outras persoas- os ex-compoñentes de Fuxan os Ventos, Mini e Mero despois de abandonaren esta formación. O proxecto da Quenlla naceu coa intención de elaborar un estilo próximo ao folk e á música tradicional galega, pero sen abandonar a temática social e reivindicativa, un aspecto que Fuxan os ventos viñera descoidando. Á formación inicial, de só tres persoas, fóronse sumando distintos músicos, até acadar a decena.
Na Quenlla mantense a liña argumental senlleira no quefacer artístico dos Fuxan da primeira época: preponderancia da música vogal con textos de poetas galegos, ás veces tamén tirados da tradición, sempre coa ollada chantada na situación social do país, con respecto á que manteñen unha posición crítica. O seu inxente labor, que abranque máis eidos ca o estritamente musical na súa defensa do folclore e cultura galegas: charlas didácticas, recollida de cantigas, etc, ten sido, porén, prolífico na produción discográfica con xa máis de dez discos publicados: Os tempos aínda non, non son chegados, 1986, Romance, 1988, Európolis-88, publicado no mesmo ano, Máis alá da néboa, 1990, Terra, 1992, Nadal en galego, 1993, A casa que nunca tivemos, 1996, Namórate da vida, 1999, Silencios na memoria, que saíu ao mercado no 2004, 17 canciones de troula, 2007, Na boca unha cantiga, 2008, Os Irmandiños, 2010, 30 anos con A Quella. De amor, dor e loita, 2014, Desorballando outonos tamén do 2014 e Na señarade. A Quenlla canta a Manuel María, no 2017. Todos eles foron producidos por 2001 Producciones Artísticas agás Romance, producido por Sons Galiza.