"A COUSA ETERNA", Celso Fernández Sanmartín

Núm. producto: LIBRO521

17,00 €
IVA incluido, más entrega
Esgotado
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Libro


Di Celso Fernández Sanmartín: "Sen querer vinme na situación do poema, o poema é un en fragmentos, non me acerco á poesía cun poder notarial, senón humilde e cegamente, entón achégome ó mundo sen saber onde me darei expresado e sobre que, pero achégome ó mundo como a unha vaca, ou a un convento porque escoito que dentro cantan"


Por que ler?

- porque neste poemario o eterno cólocase a carón do perpetuo e adquire categoría de pétreo.

- porque Celso Ferández Sanmartín espeta na terra estes versos e o que agroma só pode abraiarnos.

- porque o poeta é quen de levarnos da man neste pasear atento elevando cada visión.

- porque as flores,/ as de plástico/ que duran aínda que se descoloren/están o máis a rente posible/ do que non podemos ter.


A escoita, a oralidade no cotián, as referencias filosóficas, os ritos ou o poder do simbólico conforman A cousa eterna

"Sempre mirei as flores de plástico, como flores de plástico, e nunca as vin tan claras coma agora, óleos tranquilos arremedan o perpetuo, coma o pavo duro no conxelador". Son versos deste libro, A cousa eterna, de Celso Fenández Sanmartín. Un contraerse e expandirse que, di o poeta, son os movementos poéticos do diafragma.

Celso Sanmartín observa o respirar lento do mundo, escoita as voces e véñenlle os fragmentos dun poema. Achégase á poesía, di no remate deste libro, non cun poder notarial, senón humilde e cegamente.


CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

Son nado en Lalín no barrio da Cacharela no 1969.
Estudei a licenciatura de Filosofía en Santiago de Compostela
Teño convivido nalgunhas asociaciós, hoxe na que máis no Foro Para Cultivos Culturais
Traballei dez anos en Lalín mesmo como animador sociocultural nunha residencia de persoas maiores
Son horticultor por herdanza, por gusto e por necesidade
De oficio agora teño o de colleitador e contador de contos e historias de vida de tradición oral
Son poeta


Tamaño 210 x 140

Páxinas 62

Poesía

Deseño e ilustración Mauro Trastoy

ISBN 978-84-124530-5-8