"A CIDADE MÁXICA", Edith Nesbit

19,90 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: LIBRO447

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Libro


Philip, o irmán menor e único membro da familia de Helen, vese obrigado a abandonar a súa idílica vida cando a súa irmá decide casar. Ademais dos problemas derivados do cambio de casa e da perda de intimidade que ambos tiñan, Philip ten que afacerse a convivir coa súa medio irmá, Lucy —coa que non se leva nada ben— e con outros habitantes da casa, coma unha desdeñosa e estraña coidadora.

Aproveitando a ausencia da molesta coidadora, un día Philip decide buscar consolo na construción dunha desas cidades máxicas que adoitaba montar con Helen, na que emprega xoguetes, mobles, libros e outros obxectos estraños. Unha noite, a súa creación cobra vida e el e Lucy son transportados de forma máxica a ese lugar. Agora deberán tratar de salvar a Cidade Máxica cumprindo unha antiga profecía, aínda que unha adversaria misteriosa está disposta a roubarlles a gloria.


Autora: Edith Nesbit

Cunha biografía moi singular de vida excéntrica, activismo político e literatura, Edith Nesbit (1858-1924) escribiu terror, romance, poesía, propaganda política, obras de teatro e recensións. Hoxe é sobre todo coñecida polos case 60 libros escritos para o público infantil, que están cheos de humor e teñen un estilo innovador nos que, en ocasións, desenvolve as aventuras dos protagonistas nunha realidade ordinaria con elementos máxicos. Está considerada como a fonte literaria principal para o xénero fantasy contemporáneo e as súas novelas a miúdo foron unha fonte de inspiración para outros escritores infantís como P. L. Travers (autor de Mary Poppins), C. S. Lewis, Edward Eager, Diana Wynne Jones ou J. K. Rowling.


Nº de páxinas: 192

ISBN: 978-84-18966-59-0

Tamaño: 17x22 cm

Encadernación: Rústica

Idade recomendada: 11-16 anos