TI NON ES DE AQUÍ? edición Xúnior - Xogo de mesa

46,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: xogo004

Esgotado
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

TI NON ES DE AQUÍ? edición Xúnior é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia/Galiza e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións que van xurdindo no xogo, divididas en 4 bloques ou áreas temáticas: 1. lingua; 2. ciencias, xeografía, recursos; 3. historia, patrimonio, tradicións, persoeiros, e 4. cultura xeral, actualidade. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País. O xogo combina as preguntas con mini-retos que van poñer a proba as e os participantes en habilidades coma o debuxo ou a mímica, por exemplo.


OBXECTIVO DO XOGO

Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro respondendo atinadamente as tarxetas-pregunta e superando os retos (probas) e/ou mini-xogos que no transcurso da partida vaian xurdindo.


DESTINATARIOS/AS DO XOGO
TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para crianzas de 8/9 anos en diante cuns coñecementos culturais básicos sobre Galicia e a cultura en xeral. Poderán xogar nenos e nenas a partires dos 4 anos de idade aínda que o ideal sexa o alumnado dende 3º de Primaria en diante.


Dimensións da caixa: 235x235x70mm.


NOTA IMPORTANTE:

Para un mellor servizo, ao faceres a túa encomenda deste produto, selecciona como transportista Mensaxería.


Máis información aquí: TI NON ES DE AQUÍ? Xúnior