VIVIMOS EN VIGO, primeiro traballo en solitario de Anxo Blas

10,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-002-DEP

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Formato CD

Cantautor

O primeiro concerto foi no 2003 o 28 de Marzo na Fundación Granell en Santiago de Compostela. O 9 de Febreiro do 2004 gravo a maqueta ”Saberis” nos estudios da Radio Galega e baixo o control de Pablo Barreiro.

O 15 de Marzo do 2005 gravo a segunda maqueta baixo a dirección de P. Copin.

A finais do 2009 aparece o disco “Euque” gravado nos estudios da Casa de Tolos.

No 2018, editado por OZOCOgz, sae o meu último disco ” Vivimos en Vigo”.


PARAGÜEIRO XOGRADOR

Son un ourensán que vive en Vigo. Aparentemente todo normal, como un bo vigués tiven que nacer en Ourense. Por iso o título do disco Vivimos en Vigo, onde reflexiono sobre as “incertidumes” de ser ourensán e vivir en Vigo.

Pódese dicir que sempre fun Trobador e nunca exercera coma tal. Antes facía música e poemas e sempre había algo na guitarra que tamén cantaba, pero era mínima a súa presenza. No ano 2015, porén, comecei a facer composicións claramente de trobador, ou -como se di agora- de cantautor. A miña intención era reunir un puñado de cancións e facerlles os arranxos correspondentes para corda. E comezar a cantar. Mais nunca se me ocorrería dar un concerto eu só coa guitarra, ata que chegou a chamada de Leo para cantar cos cantautores en Vigo, e así o proceso acelerouse ata hoxe que xa non paro.

Prefiro ser paragüeiro trobador, porque conto mentiras que falan de verdades e verdades que parece mentira que sexan certas. Como os bos paragüeiros de antano, aprendo de todos os lugares por onde ando, de todas as conversas, de todas as experiencias que me ofrece a vida para facer cancións con crítica, con retranca, musicando poemas.

Tamén teño musicalizado a Celso Emilio Ferreiro, Lois Pereiro, Quico Valeiras e a Rosalía de Castro.

Poesía e música son pólas da mesma arte que florecen no esceario. Defeito moito antes de cantar escribía poesía da cando en vez, e logo esa poesía vestiuse coa música e fixeron un traxe a medida onde me sinto moi cómodo.

Agora estou a gozar dunha das experiencias máis fascinantes que me ofrece a vida: poder estar nun esceario e que ti o vexas.