PERSPECTIVAS, primeiro traballo de 4Mal Quartet Jazz

10,00 €
IVA incluido, más entrega

Núm. producto: CD-001-DEP

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Formato CD

Jazz

4Mal Quartet Jazz é un grupo ourensán, máis concretamente do Carballiño, nado en 2015 como unha remodelación do dúo de jazz PARDEDOUS; este último creado en 2009 da man de dous amigos músicos que deciden ampliar horizontes.

Formado por Alexandre Cabanelas (saxos), Ángel Alfonso Gulías López (piano), Alberto "Roni" (contrabaixo, baixo eléctrico) e Alex González (batería), 4Mal Quartet leva desde 2015 dando concertos por todo o territorio galego, pasando por algúns locais moi importantes como A Arca da Noe (Vilar de Santos), A Taberna do Jazz (Pontevedra), A Corte dos Bois (Sandiás) e un longo etcétera.

O seu repertorio é un conxunto de temas orixinais, standards de jazz e versións de outros temas. En 2017 lanzan un crowdfunding para poder gravar o seu primeiro disco de estudio e, logo de acadar o obxectivo proposto, o álbum foi gravado e mesturado en Estudios A Ponte por Tomás Ageitos. Publican “Perspectivas” (2017) en outubro, composto por 10 temas de composición propia, agás a pista 8. Despois do lanzamento, o cuarteto sae de xira-presentación por toda Galiza co fin de promocionalo.

En febreiro de 2019 lanzan un single titulado "Pick Up Your Name", gravado en Mafia Records por Óscar Fernández, que nos transporta a novos horizontes do jazz.