Pandigueiro / Apalpador Miudiño
Núm. producto: PANDIG-01
Descripción
Medidas do boneco: 39 cm de alto
Idade recomendada: +3 anos
O Pandigueiro é un fermoso boneco elaborado artesanalmente, con corpo de algodón e recheo de lá natural cardada. O seu é traxe de pana e a camisa de algodón. O cabelo de lá natural tinguido artesanalmente con tinturas naturais por Veilavén Artesanía. Calza zocos de EFerro e o zurrón é un estupendo pai-fillo-nai cativiño.
O Pandigueiro ou Apalpador é un xigante carboeiro que vive nas devesas da montaña galega.
Na noite do apalpadoiro vai ás casas onde hai cativos. Cando están durmidos, apalpa na súa barrigola e comproba se comeron abondo durante o ano. Se así o fixeron dilles así esteas todo o ano. Comeran ou non, deixa unha presadiña de castañas quentes ao seu carón, e tal vez algún pequeno agasallo, desexándolles felicidade e fartura no ano que entra.
*Textos extraídos de: Cortizas, Antón (2013): Tastarasbás, Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza (p.1044) (Vigo: Xerais)