MCarballo - "Baila, baila"

10,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-007-DEP

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Formato CD

Blues / Country / Pop / Rock

«Baila, Baila», quinto traballo discográfico de Manuel Carballo.

O novo traballo de MCarballo, un EP titulado “Baila, baila” e producido por Manuel Carballo e David G. Outumuro, foi gravado nos estudios Tooma de Esgos (Ourense) por Manuel Carballo (voz e guitarras), David G. Outumuro (baterías), Alfonso Aydillo (guitarras), Efrén Nóvoa (baixo) e Marlene Rodrigues (coros), presenta seis cancións de estilos diferenciados compartindo un marcado estilo propio para mergullarnos en seis historias que nos invitan a bailar entrementres nos deixamos levar polas súas letras cargadas de mensaxes.

O tema principal “Baila, baila” é unha canción dedicada aos enfermos de Alzheimer posto que a música e esta enfermidade teñen unha estrana relación, poderosa e fascinante. Pacentes nun estado onde a enfermidade está moi avanzada, experimentan de pronto un espertar asombroso ao escoitaren unha canción da mocidade.