"maXic", Rochi Nóvoa

10,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: LIBR-040-DEP

Esgotado
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Libro-CD

“Quero facer unha incursión elegante
no universo das figuracións nocturnas
e exiliarme de min mesma”


Así comeza MAXIC, o último poemario de Rochi Nóvoa Vázquez, a poeta de Sobradelo (do Sobradelo de Xunqueira de Ambía, non confundir ;) ).

MAXIC é un traballo sorprendente en todos os sentidos, mais e sobre todo, pola alta calidade dos poemas xunto coas colaboracións do CD que acompaña este singular e fermoso pack. Os ZENZAR "rock en galego", Daniel Soldevilla, Manuel Carballo, Puntxa González Rivera e o grandísimo O Reverendo Can acompañan coa súa música a voz marabillosa de Rochi Nóvoa.


E dixemos ben pack porque, en exclusiva, os MAXIC que temos na nosa loxa, ademais do libriño cos poemas, ven acompañado de dúas carpetiñas, unha co CD e outra con fermosos debuxos feitos pola propia autora.


Todo xunto compón unha peza única digna de figurar nun lugar de honra na túa biblioteca xunto aos outros traballos desta enorme escritora, todos eles con “pluses” nos que atoparmos a interrelación, a conexión da poesía co resto das artes, pintura, fotografía, debuxo e, sobre todo, música, unha constante en todos os seus poemarios, agás no pequeno (de tamaño físico, que non no literario) Instances, a súa anterior creación.