Descripción
A lámina O abecedario con ilustracións de Óscar Villán é para que as nenas e os nenos aprendan o abecedario galego divertíndose e identificando as imaxes con cada letra.
Especialmente indicada para a iniciación á lectura. Ademais é unha lámina moi bonita para decorar cuartos infantís.
Impresa a toda cor sobre papel de alta calidade plastificado mate de 200 g.
Con tintas biodegradábeis.
Presentada nun tubo de cartón reciclado.
Medida: 70×42 cm.
Feita na Galiza