Habelas Hainas - "Livres e Loucas"

12,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-010-DEP

Aínda dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Formato CD

Folk

"Aínda que é verdade que as Habelas son un grupo de rúa, de directo, as fans agradecémoslles este disco, polas letras, pola reivindicación (Habelas: referentes), polo respecto que amosan ante a nosa tradición.

Habelas Hainas son Arantza Alfaia (percusión), Patricia Gamallo (percusións, guitarra e gaita), Jara Ortiz (voz e percusións) e Sandra Tamayo (acordeón e percusións).

Fíxome moita graza a letra da peza “Media Calada”, que mestura coplas tradicionais coa descrición dunha noite en Compostela para as amantes das foliadas. E a peza “Salvadoras”, co saxo de Pablo Dalama, paréceme unha auténtica marabilla. Recoñezo que quizais teña que ver o seareira que son da voz tan persoal de Jara, que nesta peza me pon os pelos de punta.

O único que poden facer as Habelas é seguir así de ben, con esa salubridade en todo o que fan.

Avante, compañeiras!

“Ela estaba coas amigas, recibiu unha mensaxe, hoxe á noite na de Moha, hai foliada, viva o Calpe!”."

Olga Brañas - Sermos Galiza