Camisola unisex algodón serigrafía "REPÚBLICA GALEGA"
Núm. producto: camis019U
Descripción
REPÚBLICA GALEGA
No ano 1939, durante a guerra civil, Castelao deseñou tres selos para o “Correo de Campaña” da república española. Os selos non chegaron a emitirse posto que no mes de abril rematou a contenda. Un deles, o de 90 cts representa o cadro “A derradeira lección do mestre” e nel nos inspiramos para deseñar a nosa camisola “República Galega”.
Trátase dunha homenaxe ao seu amigo Alexandre Bóveda, quen foi asasinado polos fascistas na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936. Baséase na estampa n.º 6 do libro Galicia mártir publicado por Castelao en 1937. Posteriormente, en 1945 en Bos Aires, Castelao realizou un óleo co mesmo debuxo.
Camisola manga curta serigrafiada. Colo redondo de 4 capas e cubre costuras reforzado en colo e ombreiros. Costuras laterais. 100% algodón, punto liso, 165 g/m2. Dispoñíbel en cores NEGRA (deseño en amarelo), AZUL DENIM (deseño branco) e VERDE AVENTURA (deseño branco).
Para escolleres o teu talle toma como referencia a táboa de talles e medidas que figura entre as ilustracións do produto. Mide unha das túas camisolas. Despois compara esas medidas coas da táboa. De tiveres dúbidas entre dous talles, colle o superior, xa que o algodón tende a encoller un chisquiño no primeiro lavado.