Camisola unisex algodón serigrafía "POPEYE GRELO'S"

18,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: camis021U


Descripción

POPEYE GRELO'S


Popeye the Sailor (Pop-eye = ollo saltón), o famoso personaxe de banda deseñada e debuxos animados, foi creado por Elzie Crisler Segar, aparecendo por primeira vez na tira cómica Timble Theatre, do "The New York Evening Journal", en xaneiro de 1927.

Esta camisola é a nosa particular e respectuosa homenaxe a este peculiar mariñeiro, que ben podería ser galego -POPEYE O MARIÑEIRO- e por iso imaxinamos vestido con roupa tradicional do País e comendo, por suposto, grelos para conquerir a forza extraordinaria que o caracteriza.


Camisola manga curta serigrafiada. Colo redondo de 4 capas e cubre costuras reforzado en colo e ombreiros. Costuras laterais. 100% algodón, punto liso, 165 g/m2. Dispoñíbel en cor ANGORA.


Para escolleres o teu talle toma como referencia a táboa de talles e medidas que figura entre as ilustracións do produto. Mide unha das túas camisolas. Despois compara esas medidas coas da táboa. De tiveres dúbidas entre dous talles, colle o superior, xa que o algodón tende a encoller un chisquiño no primeiro lavado.