Camisola unisex algodón serigrafía "OUTRA VACA NO MILLO"

Núm. producto: camis022U

18,00 €
IVA incluido, más entrega
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

OUTRA VACA NO MILLO

OUTRA VACA NO MILLO é unha expresión galega que nos di que alguén actúa igual de mal que outro ou que fixo o mesmo que outra persoa xa fixera con anterioridade. Pode equipararse coas expresións castelás "otro que tal baila" ou "éramos pocos y parió la abuela".

Camisola manga curta serigrafiada. Colo redondo de 4 capas e cubre costuras reforzado en colo e ombreiros. Costuras laterais. 100% algodón, punto liso, 165 g/m2. Dispoñíbel en cor NEGRA (deseño en branco).

Para escolleres o teu talle toma como referencia a táboa de talles e medidas que figura entre as ilustracións do produto. Mide unha das túas camisolas. Despois compara esas medidas coas da táboa. De tiveres dúbidas entre dous talles, colle o superior, xa que o algodón tende a encoller un chisquiño no primeiro lavado.