Camisola unisex algodón serigrafía GALIZA - SITIO DISTINTO"

18,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: camis015U


Descripción

GALIZA SITIO DISTINTO Santa Marta de Ribarteme. A romaxe dos mortos-vivos, celebración relixiosa que ten lugar o 29 de xullo na parroquia de Ribarteme, Concello das Neves (Pontevedra).

Camisola manga curta serigrafiada. Colo redondo de 4 capas e cubre costuras reforzado en colo e ombreiros. Costuras laterais. 100% algodón, punto liso, 165 g/m2. Dispoñíbel en cores NEGRA e GRIS VIGORÉ.
Para escolleres o teu talle toma como referencia a táboa de talles e medidas que figura entre as ilustracións do produto. Mide unha das túas camisolas. Despois compara esas medidas coas da táboa. De tiveres dúbidas entre dous talles, colle o superior, xa que o algodón tende a encoller un chisquiño no primeiro lavado.