"AUSENTES", Afonso Eiré
Núm. producto: LIBRO204
Descripción
Libro
Ausentes é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia.
O retrato dos esquecidos, dos que triunfaron, dos que quedaron na diáspora e dos que regresaron, ricos ou pobres.
Personaxes, persoas, que as lectoras e os lectores seguro son quen de pórlles cara e, aínda, o seu nome propio; mesmo reflectirse nos seus pensamentos e nas súas vidas.
Un libro coral relatado en primeira persoa, onde os datos son certos, coma sempre neste autor, que nos fala tamén daqueles que verdadeiramente se lucraron do gran negocio da emigración e onde se analiza o que esta supuxo para Galiza á luz das últimas investigacións. Un libro imprescindíbel para saber quen somos.
Autor: Afonso Eiré
Xornalista e escritor. Desque no 1998 viu a luz Amigos Sempre, leva publicados máis de vinte libros, tanto de ficción como de ensaio e de investigación. Con Hércules de Ediciones saíron o prelo Belesar, o orgullo de España (2013); Eu estaba alí (2014); O Piloto, o último guerrilleiro (2015); Galegos universais, Fidel Castro “neto de galegos pobres” (2016); A morte do meu pai (2017); Memorias dunha vaca marela (2018) e A maxia da auga (2020).
ISBN: 978-84-18966-42-2
Autor/a: Afonso Eiré
Idioma: Galego
Encadernación: Rústica Con Solapas
Páxinas: 304
Tamaño: 16,5 X 24 Cm
Ano de publicación: 2022