"ASUNTOS PENDENTES", Juan Carballo, Manolo Tarancón

14,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-018-DEP

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Libro-CD

Un disco para ler, un libro para escoitar.
Asuntos pendentes é unha produción do poeta galego Juan Carballo e o músico valenciano Manolo Tarancón. Unha obra íntima, na que levantan unha ponte para entenderse nun universo de poemas musicados e cancións. Escribir e cantar son os seus asuntos pendentes, sempre o serán. A inercia do costume de compoñer para entenderse coa realidade.
O resultado son nove pezas que contan coa colaboración de grandes músicos. Unha aventura sonora e literaria na que Manolo Tarancón constrúe unha atmosfera musical a partir dos poemas de Juan Carballo.
Un disco-libro en galego que aposta por mostrar a sentimentalidad na lingua en que se creou, en Galicia e fóra dela.
A ilustradora Nuria Díaz é a encargada de envolver de maxia este traballo para convertelo nun obxecto especial. Unha edición de luxo onde todos os matices da música e da poesía, percíbense nas mans.