Airiños da Freba - CON GRELOS

15,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-082DEP

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

CD


Falan eles mesmos:

"Airiños da Freba consideramos que xa vai sendo hora de acompañar aquel O’de Lacón que vos demos a probar fai tres anos. E postos a continuar co “menú” de músicas inspiradas nos cuartetos, conxuntos, bandas e orquestras lucenses de mediados do século pasado, decidimos chamarlle a este segundo traballo Con Grelos.

Poderedes comprobar que a colleita foi ben abondosa. Isto é debido ao gran tamaño e riqueza do “nabal” do noso patrimonio etnomusical, no que tamén incluímos a emigración en Barcelona e Arxentina.
Agardamos que este gran “mañuzo” de pezas, que apañamos polas diferentes hortas lucenses, vos preste tanto como a nós e faga que saquedes as vosas mellores galas dos armarios para vir acompañarnos ás festas, polavilas, ruadas e filandós.
Contamos con vós para o baile!"


Este disco foi gravado en Lugo, na Área de Gravación do Obradoiro de gaitas Lis por Ivan Reija Varela e masterizado en Friol por Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios.