Adhara & Ritman - POR ELAS

12,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-046-DEP

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Formato CD


É Adhara & Ritman un novo proxecto musical que canta en galego. A súa música está baseada en raíces folk galegas mestizándoas con outros estilos puros. Adaptan textos de cancións populares galegas como de “Rosalia de Castro”, aunque tamén teñen textos propios.

Despois do seu primeiro traballo "LIBRE SON", veñen de sacar o seu segundo CD co titulo “POR ELAS” onde tanto a portada como a contraportada foi cedida pola gran pintora Viki Rivadulla. Este CD empezou a presentarse polos diferentes espazos da xeografía galega sobre todo pola Costa da Morte .

Na voz está Adhara Caamaño coñecida como “A Cuncheira de Sofán, o outro compoñente é Tito Barbeito, coñecido como (Tito Ritman) músico compositor e arreglista que xa colaborou con bandas de rock e música folk como (Ritmanuchos, los Mecanicos, Pirilampo, Xurso Mares, Luis Moro, Ardora, etc). Neste proxecto colaboran co dúo Andrés Castro e Arturo Kress.