ABC DOMINÓ - Dominó / crebacabezas infantil

Núm. producto: xogo049

22,00 €
IVA incluido, más entrega
Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

APRENDE O ABECEDARIO XOGANDO!


  • 24 pezas (45x90 mm)
  • Idioma: Galego
  • Número de xogadores: máx. 4
  • Idade: 3+


ABC DOMINÓ

É un xogo tipo dominó destinado a nenas e nenos de Educación Infantil para aprenderen dun xeito divertido o abecedario ou alfabeto da lingua galega.

Dándole a volta ás fichas convértese nun entretido crebacabezas no que as letras teñen o máximo protagonismo.


CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

ABC DOMINÓ está composto por 24 pezas de 45x90 mm feitas sobre cartón compacto de 2 mm de grosor. As pezas veñen nunha caixa cilíndrica de cartón negro, de 86 mm de diámetro e 129 mm de altura.

Cada peza ten, por unha cara unha letra do abecedario galego e unha ilustración, e na outra cara unha peza do crebacabezas.


MODO DE XOGAR

DOMINÓ INFANTIL

Número de xogadores: Até 4.

Obxectivo: Ser a/o primeira/o en ficar sen fichas.

Material do xogo: 23 fichas do dominó (exclúese a ficha que leva o nome do xogo e o logo de OZOCOgz).

Preparación: Mesturar nunha superficie chan todas as fichas boca abaixo (deberán verse as pezas do crebacabezas).

O xogo: Cada xogador ou xogadora colle 5 fichas coas que comezar. O resto de fichas déixase no centro da mesa. Previo sorteo, o/a primeiro/a xogador/a coloca a primeira ficha. Por quendas os/as seguintes xogadores/as elixen un dos extremos da fileira e colocan unha ficha propia facendo coincidir cada imaxe coa inicial do seu nome. No caso de que o/a xogador/a non teña ningunha ficha adecuada, irá collendo fichas do montón central até conseguir unha que lle permita xogar. Se non consegue ningunha ficha adecuada pasa a quenda á/ao seguinte participante. Gaña o neno ou nena que consegue ficar sen as súa fichas en primeiro lugar.


CREBACABEZAS

Número de xogadores: Dende 1.

Obxectivo: Colocar en orde as pezas até reproducir a imaxe que vai no folleto de instrucións.

Material do xogo: 24 fichas

Preparación: Mesturar as fichas enriba dunha mesa ou superficie chan.

O xogo: No caso de xogar máis dun ou dunha participante, ir colocando por quendas as fichas ciscadas pola mesa até completar o crebacabezas. Tamén se pode xogar en equipo sen establecer orde de participación.


FINALIDADE DIDÁCTICA

Ademais da aprendizaxe das letras o xogo do dominó axuda a memorizar e asociar.

Desenvolve a percepción visual e a motricidade. Os debuxos permiten xugar aos/ás máis pequenos/as mentres aprenden unhas regras básicas coas que desenvolver o xogo. Con isto aumentan a súa concentración xunto co poder de retención para conseguir memorizar as normas.

Ademais apréndeselles a ser pacientes. Cada participante ten a súa quenda e deben aprender a agardar até que lles toca a eles/as.

Tamén é un bo xeito de aprenderlles a compartir e xogar con outras persoas sen porse nerviosos/as, respectando aos/ás demais xogadores/as.

Ademais, é unha boa forma de aprendar a controlar as emocións, tanto se gañan como se perden deben ser quen de afrontalo do mellor xeito e sen molestar aos demais.

---------

NOTA IMPORTANTE:

Para un mellor servizo, ao faceres a túa encomenda deste produto, selecciona como transportista Mensaxería.