"A PARTE DOS ANXOS", Emma Pedreira / Carlos Lago
19,95 €
Núm. producto: LIBRO299
Descripción
Libro
Belas criaturas no transo da morte. Humor e terror abrazados nun melancólico tango. Esta colección de relatos de Emma Pedreira e Carlos Lago detense no derradeiro alento para converter o inesperado, o incómodo e o arrepiante en literatura, en beleza.
Hai, polo xeral, na entrada de todos os camposantos, un pequeno anaco de terra e herba ben cultivada, chantado de cruciñas vellas, flores pequeneiras e lousiñas do tamaño de caixas de zapatos. Algunhas están pintadas de cores vivas, aínda que dicir cores vivas entre mortos éche boa graza. Alí é onde van parar os corpos que albergaron almiñas novas. Chámaselle a este lugar «a parte dos anxos». É curioso, porque tamén se lle chama así a esa parte do licor que descansa na barrica e que se vai perdendo co tempo sen derramarse debido aos efectos da fermentación, da transpiración. Se cadra é iso, que crianzas e licores tardan pouco en evaporarse e chegar ao ceo (mesmo ao da boca).
Extracto en pdf: Extracto
- ISBN: 978-84-125593-9-2
- Medidas: 240x170 mm
- Páxinas: 56
- Tapa: Dura