"A PANTASMA DA ILLA DE CORTEGADA", Paula Carballeira / Blanca Millán
15,95 €
Núm. producto: LIBRO264
Descripción
Libro
A PANTASMA DA ILLA DE CORTEGADA
Nesta famosa illa hai unha Árbore Comepedras.
Hai un bosque de loureiros.
Hai unha ermida cun cruceiro.
Hai casas abandonadas.
Hai auga doce e salgada.
Hai xabarís e londras que volveron.
Hai recordos de barcos que naufragaron hai séculos…
e hai unha pantasma que viron bailar.
Atréveste a adentrarte nesta illa chea de historias e de misterios?
RECOMENDAMOS O LIBRO POR:
Se hai algo que atrae de maneira especial sobre todo aos máis novos, son as historias de misterio. Un neno cunha historia de misterio entre as súas mans, é un neno con moitas preguntas para saciar a súa curiosidade. É a escusa perfecta para pasar ese tempo de calidade cos teus pequenos nos que a complicidade e a diversión únense ao desenvolvemento integral do neno.
Paula Carballeira, especialmente neste texto e de maneira moi máxica e poética desenvolve esta historia moi próxima á narración oral sobre lendas e mitos populares. Esta é a historia de MARUXA A BRAVA, unha muller que un día aposta unha empanada coas súas amigas mariscadoras a cambio de pasar unha noite nunha misteriosa illa onde se di, se cónta, rumoréase que viron bailar a unha pantasma. O seu obxectivo é claro demostrar que non existe e que son lendas inventadas. Conseguirá Maruxa pasar esa noite na illa? Demostrará que esa famosa pantasma non existe? Perderá esa empanada coas súas amigas e compañeiras por tratar de demostrar que esas lendas non existen?
TRIQUETA EDITORA
AUTORA: Paula Carballeira
ILUSTRADORA: Blanca Millán
ISBN: 978-84-18687-23-5
PUBLICACIÓN: 2022
FORMATO: Tapa dura (formato calendario)
MEDIDAS: 22 x 29 cm
PÁXiNAS: 40
Idade ORIENTATIVA: >4