"A NENA DO VESTIDO DE FLORES", Manuel Fontemoura

15,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: LIBRO079

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Libro


Dania Vitoria é unha nena de 11 anos que vai ao cole, fai teatro, encántalle a lectura… mais ten algo que a fai moi especial, é unha nena Asperger polo que non coñece a ironía nin as dobreces, nin en comportamentos nin en palabras; non lle gusta a escuridade (literal nin simbólica) xa que fai que se sinta moi insegura.

Manuel Fontemoura, nesta a súa primeira obra narrativa, fai que Dania Vitoria nos namore desde as primeiras liñas desta inclusiva novela. A nena do vestido de flores, Dania Vitoria, quere vivir a mesma vida que a de calquera outra adolescente da súa idade mais moitos dos seus veciños non a comprenden nin senten empatía polas crianzas TEA.

Esta novela é unha novela entretida, divertida, tenra e ao tempo denuncia o rexeitamento que sofren as nenas e os nenos TEA; provoca o noso enfado e conmove os nosos corazonciños; de seguro que ides adorar a Dania Vitoria, a súa familia e os seus compañeiros de teatro; convídovos a vos emocionar ao coñecerdes a súa historia.

Teatro e lectura teñen valores sandadores, promoven a empatía ao facernos sentir na pel dos personaxes, suxírovos que escollades un dos capítulos da novela de Dania, que o adaptedes en diálogo e que llelo representedes aos vosos compañeiros e compañeiras para que todos e todas poidan sentirse na pel de Dania Vitoria e visibilicedes así (como Manuel Fontemoura) todos e todas as nenas Asperger que nos rodean.

Feliz representación.


A nena do vestido de flores en RTVE.
A Maruxa e mais o Manuel Fontemoura contan como naceu a aventura deste libro.

https://twitter.com/i/status/1362421111779188739


  • Ano 2020
  • Autor/a Manuel Fontemoura
  • ISBN 978-84-122631-2-1
  • Medidas 13×21
  • Páxinas 152
  • Tapa Rústica