"A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ", Miguel Ángel Alonso Diz

16,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-033-DEP

Esgotado
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Sabela é unha nena que ten a valentía de declararse feliz nun mundo onde as clases privilexiadas teñen prohibido que os demais vivan felices. Sabela representa valores positivos como a solidariedade e a xenerosidade, fronte ao abuso das tecnoloxías, á gula e a falla de liberdade. Esta composición de fermosas ilustracións trata da felicidade, da autoestima, do pracer da vida, a arte e a creatividade; do rexeitamento do capitalismo estrito e o autoritarismo.

É un libro de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso Diz.

"**A nena á que non deixaban ser feliz**" é un conto ilustrado cuxa lectura invita á reflexión e participación crítica do propio lector.
Polas súas páxinas flotan invisíbeis personaxes como: o principiño, Momo ou George Orwel.

Os autores do libro, Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, conseguen transportarnos a un presente que por moi irreal que poida parecer dá luz sobre a situación actual cunha escrita apropiada para tod@s e recomendada a partir dos sete anos.