"A LINGUA EN FUTURO: A MOCIDADE IMAXINA O 2050" - Fernando Ramallo (coord.)

19,00 €
IVA incluido, más entrega

Núm. producto: LIBRO443

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Libro


Como estará a nosa lingua así que pasen 10 000 días?


Que nos depara o 2050? Falaremos o galego que falamos agora? E que ten que pasar para que sigamos a falalo?

Nesta obra colectiva, dezasete persoas novas de eidos diversos (ciencia, música, tradución, xornalismo, docencia…) falan de como ven a lingua na actualidade, imaxinan o seu futuro e comparten os desexos que teñen para ela. Responden así ás preguntas formuladas polo sociolingüista Fernando Ramallo «Como cres que estaremos a mediados de século?» e «Como desexas que esteamos a mediados de século?».


A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 constitúe a réplica da xente nova ao volume A lingua en 2050 que Catro Ventos publicou en 2021.


Podes ver unha mostra do libro aquí.


DIMENSIÓNS 1,5 × 15,3 × 21,5 cm

ISBN 978-84-124635-6-9

Nº PÁXINAS 146

FORMATO Encadernación rústica cosida

XÉNERO Ensaio, Divulgación