"A CONXURA DO SETE", Miguel Anxo Fernández

Núm. producto: LIBRO254

20,75 €
IVA incluido, más entrega
Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

Libro


Miguel Anxo Fernández confirma a Frank Soutelo como o sabuxo sen par no panorama literario galego.


O detective Frank Soutelo, acompañado do estricado funerario Sugar Jones, regresa a Galicia a petición da investigadora Dalia Maxino, que recibe o insólito encargo de atopar a mítica espada de Santiago, agachada durante séculos, e seica torada en sete anacos a comezos do século XIX, para impedir que a roubasen os napoleónicos. Seica a queren para os fastos do próximo Xacobeo. Aos poucos, o profesor da manda desaparece misteriosamente, e resultará que a valiosa espada interesa tamén a xentes sen escrúpulos e fins sinistros, mentres asoman os cadáveres. O sarxento da municipal, Franeiras, e o antigo garda civil Poncio, sumaranse ao desafío coa eficacia acostumada. Ao tempo que Frank pecha un segredo familiar oculto durante anos, enrédase nunha conxura argallada desde o poder das elites na sombra, mentres a Policía non semella moi conforme coas súas pescudas.


  • Páxinas : 272
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 28/10/2022
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-951-5