"A CASA DA MOSCA CHOSCA", Eva mejuto
Núm. producto: LIBRO016
Descripción
Libro
A mosca chosca cansou de revoar sen rumbo e construíu unha casa para ter un lugar onde recibir outros habitantes do bosque.
Fixo un pastel de amoras, puxo sete banquetas e sete pratos.
E, co arrecendo da torta, foron aparecendo -do máis pequerrecho ao máis grande- sete curiosos animais.
“A casa da mosca chosca” é unha adaptación realizada a partir do conto popular ruso recuperado por Aleksandr Afanásiev.
Os protagonistas introducen os lectores nun divertido xogo de números e tamaños, rimas, repeticións e ritmos, que son elementos propios da tradición oral.
Utilizando cores “explosivas, case fluorescentes”, Sergio Mora crea unhas criaturas extravagantes, de aspecto transgresor, con moito humor e expresividade.
Un conto acumulativo que invita ao xogo fonético; unha historia para ler e contar, que medra en intensidade ao paso de cada páxina ata chegar a un final sorprendente.