7 ENREDOS REUNIDOS

20,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: xogo002

Esgotado
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

NOTA IMPORTANTE:.

Para un mellor servizo, ao faceres a túa encomenda deste produto, selecciona como transportista Envialia.


7 ENREDOS REUNIDOS é un estoxo no que, lembrando os xa desaparecidos "JUEGOS REUNIDOS" que acompañaron moitas infancias até ben entrados os anos 80, xuntamos 7 xogos tradicionais, nun intento de facer que as crianzas da casa xoguen socializando con amigos e amigas e deixen, por un bo tempo (a ser posíbel) os entretementos que teñen a ver coas pantallas.


DESTINATARIOS/AS DO XOGO
7 ENREDOS REUNIDOS está destinado a todo tipo de crianzas, dende os 4 ou 5 anos até os 105. Son xogos, a gran maioría, para xogar en grupo ou en parella. No interior da caixa tamén van unhas pequenas instrucións dalgún dos xeitos de xogar, sendo conscientes da enorme variedade de modalidades de xogo que nos podemos atopar en cada recuncho de Galiza.


RECOMENDACIÓN

Preguntar aos maiores da casa como xogaban eles de cativos.


CONTIDO DO ESTOXO

1 buxaina

1 comba

1 goma para saltar

10 canicas

8 chapas

1 "yoyó"

1 xogo das leiriñas (tres en raia) con taboleiro e pedriñas de cores.

1 folla de instrucións


Dimensións da caixa: 400x80x80mm.