2naFronteira - ZAPATIÑOS PARA DÍAZ CASTRO

10,00 €
IVA incluido, más entrega

Núm. producto: CD-075-DEP

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

CD


O disco contén 14 temas orixinais de Carmen Penim na música con aranxos musicais de Maurizio. Os textos orixinais pertencen á obra NIMBOS de Xosé María Díaz Castro.

Os poemas musicados son: Nimbos, Noite do mundo, O verme e a estrela (Alalá do verme e a estrela), Esmeralda, No novo Ceo, A noite é necesaria, Terra sucada (Nana para a terra), Penélope, Quezáis, Remuíño, Cova alumada, Coma un río, Ai, capitán e Coma unha espada.

As músicas do disco son, como xa é habitual nesta formación musical, variadas e eclécticas: dende ritmos claramente populares de raíz tradicional como en Quezáis ou Remuíño; pasando por cancións de corte máis culto, como en Coma un río; ou jazz, como Cova alumada, e mesmo rock, como A noite é necesaria; deixando lugar tamén para a experimentación como sucede na intensa Nana para a terra.

Neste caso 2naFronteira optou por reproducir no libreto a mesma arquitectura que presenta a obra poética Nimbos, sacrificando outras consideracións que se puideran facer á hora de ordenar os temas no disco. Así, conta coas mesmas partes ca o libro orixinal, o cal podería ser un atractivo engadido para os amantes
deste autor.

A produción correu a cargo de 2naFronteira produzioni, e a excelente fotografía foi realizada por Javi Collazo, traballo que confire unha notable dimensión artística ó libreto.

Foi gravado e mesturado en Casa de Tolos, baixo a dirección de Segundo Grandío.