2naFronteira - SONS DE NÓS

12,50 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-076-DEP

Aínda dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

CD


Homenaxe musical á Xeración Nós e ás Irmandades da Fala é a nova proposta do dúo 2nafronteira. Carmen Penim e Maurizio Polsinelli acaban de lanzar Sons de Nós un volume no que musican trece poemas publicados orixinalmente na revista Nós. Francia Herrera, Blanco Amor, Pepe Velo, Luís Bernárdez, Bouza Brey, Carvalho Calero ou Otero Pedrayo son algúns dos autores aos que se achegou o dúo en temas como Pra facer un feitizo, Gándara, Torre do Oeste ou Na cova de Rosalía. Para este traballo, o dúo engadiu á súa instrumentación tradicional de piano e de harmonio colaboracións que integran batería, contrabaixo, zanfona ou violín aos seus sons.