Banda Krebinsky - JET LAG

10,00 €
IVA incluido más entrega

Núm. producto: CD-134

Dispoñíbel
Plazo de envío: 2/3 día(s)

Descripción

CD


Banda Crebinsky nace co obxectivo de encargarse da banda sonora da película “Crebinsky” (Enrique Otero, 2011). Dirixidos polo bielorruso Yukhnevich Vadim (voz e acordeón) e Pablo Pérez (compositor, arreglista e baixo), oito músicos de ampla carreira conforman a banda: Fernando Abreu (clarinete, vibráfono), Carlos Castro (percusión), Jaime Lambas (violín), Miguel Queixas (batería), Pablo Regua (guitarra) e Enrique Otero (teclados).


É difícil separar o universo sonoro e o cinematográfico, xa que nas súas actuacións en directo utilizan imaxes da película, e a súa estética de tinguiduras soviéticas casa á perfección co filme.


Banda Crebinsky fusionan estilos como o folk, o klezmer, o jazz, o rock e a música clásica ou experimental, aderezados con letras en galego, ruso, castelán, francés e italiano. Un imaxinario e un son próximo en moitos aspectos a Emir Kusturica & The Non Smoking Orchestra.