OZOCOgz deseño galego · OZOCOgz  PAPELARÍA · OZOCOgz deseño galego · OZOCOgz PAPELARÍA · OZOCOgz deseño galego · OZOCOgz PAPELARÍA

Camisola unisex ROSALÍA

Produto novo

Camisola unisex estampada con serigrafía, algodón 100%, coa versión ozoqueira de ROSALÍA DE CASTRO.

Máis detalles

61 Artigos

In stock

15,00 € IVA incl.

Ficha Técnica

materiais Algodón
estilos Basic
propiedades Unisex

Máis información

Inspirada nunha fotografía de Rosalía descoñecida ate hai ben pouco, foi deseñada esta camisola na que se pretende representar o enraizamento da nosa Rosalía co País que tanto quixo e reivindicou a través dos seus versos.

Ao redor da imaxe este verso sacado do poema Eu cantar, cantar, cantei do seu libro Cantares Gallegos:

"Non me espriquei cal quixera

pois son de espricansa pouca;

si grasia en cantar non teño

o amor da patria me afoga."

Camisola manga curta con colo redondo de 4 capas e sobrecosturas reforzado en colo e ombreiros. Costuras laterais. 100% algodón, punto liso, 165 g/m2. Dispoñíbel en cor AZUL MARIÑO e VIOLETA.

Para escolleres o teu talle toma como referencia a táboa de talles e medidas que figura entre as ilustracións do produto. Mide unha das túas camisolas. Despois compara esas medidas coas da táboa. De tiveres dúbidas entre dous talles, colle o superior, xa que o algodón tende a encoller un chisquiño no primeiro lavado.