Novo Bolsa algodón orgánico Ver máis grande

VIVIMOS EN VIGO

ozoco-CD02

Produto novo

CD VIVIMOS EN VIGO, primeiro traballo en solitario do cantautor de Vilar de Barrio (Ourense), ANXO BLAS

Máis detalles

50 Artigos

10,00 € Taxas incluídas

Entrega: de 1 a 3 días

Máis información

O PROXECTO.

As cancións xorden das experiencias que me ofrece a vida. Ás veces propia outras inventada. Así hai cancións con crítica, con retranca, musicando poemas. Hai diversidade de estilos e temáticas porque non me gusta a monotonía. Así fun recollendo durante estes dous anos, que andiven tocando como cantautor, unha badaza de cancións que pedían ser gravadas nun disco.

QUE ATOPARÁS NO DISCO.

Doce temas do máis variado. Moitas cancións forman parte do repertorio actual que toco nos directos e que o público máis fiel xa me comenzaban a cantar sen que foran gravadas.

Pero tamén aparecen poemas musicalizados de poetas galegos como Manuel María, Lois Pereiro, Quico Valeiras e Rosalía de Castro.

Ademáis dentro do disco vai un libriño de dezaseis páxinas coas letras,fotos e información sobre o disco.

MÚSICA E POESÍA.

Gracias a música pódese contextualizar mellor a palabra, darlle máis significado e así as ideas e os sentimentos van por unha vía rápida cara os teus miolos. Así acontece no poema "A Fala" de Manuel María, que foi gravado xunto coa propia voz de Manuel María recitando e a zanfona de Anxo Pintos. E mesmo Quico valeiras, un poeta do Carballiño moi xoven e que vai petar moi forte no mundo literario ao que tiven a sorte de poder musicalizar o seu poemario e que eu púxenlle de título "O amor son as maus".

Poesía e música son pólas da mesma árbore que florecen no esceario.

QUEN PARTICIPA NO PROXECTO

Musicalmente: David Outumuro (batería), Susana Blanco (chelo), Alexandre Cabanelas (saxo), O Leo i Arremecághona e Anxo Pintos (Zanfona).
Na edición deste traballo participamos OZOCOgz moi activamente coa maquetación do mesmo.

17 produtos máis na mesma categoría: