TI NON ES DE AQUÍ?

ozoco-XOG02

Produto novo

TI NON ES DE AQUÍ?

O xogo de mesa cultural-educativo onde ser galeg@ está cheo de vantaxes.

Xogo ideal para bibliotecas escolares, universitarias, ludotecas e, por suposto, para pasar horas de divertimento no fogar. O xogo pode desenvolverse individualmente ou por equipos.

Máis detalles

75 Artigos

36,95 € Taxas incluídas

Entrega: de 1 a 3 días

Ficha Técnica

Alto 65 mm
Ancho 235 mm
fondo 235 mm
Peso 1,600 kg
materiais papelaría

Máis información

TI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa cultural-educativo en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas (peóns), no que se pretenden poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galiza, contestando cuestións sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas (175 tarxetas – pregunta por tema):

  1. lingua, literatura
  2. historia, política
  3. monumentos, patrimonio, arte
  4. música, cinema, espectáculos
  5. ciencias, xeografía, recursos

TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñecementos culturais medios sobre Galiza. De todos os xeitos poderán xogar nenos e nenas a partir dos 12 anos de idade, aínda que polo contido cultural das preguntas, o ideal son persoas que como mínimo teñan o ensino secundario rematado.

Xogo ideal para bibliotecas escolares, universitarias, ludotecas e, por suposto, para pasar horas de divertimento no fogar. O xogo pode desenvolverse individualmente ou por equipos.

AS TARXETAS-PREGUNTA

Están divididas en 5 bloques temáticos (175 tarxetas por tema), identificábeis pola cor e o debuxo do reverso. No anverso da tarxeta aparece un encabezado ou título e catro opcións. Debemos atinar cal das catro opcións non ten a ver co encabezamento da pregunta. Exemplo: Collemos unha tarxeta de LINGUA - LITERATURA. No título lemos SINÓNIMOS, seguido das 4 opcións HÓRREO, CABACEIRO, POMBAL, CANASTRO. Como se pode comprobar POMBAL non é unha palabra sinónima das outras 3, este é o dato que debemos atinar para continuarmos xogando.

O TABOLEIRO

O taboleiro do xogo está dividido en 76 casiñas, entre as que se indica con frechas a dirección a seguir polos/as participantes, dende a casiña de SAÍDA até a CHEGADA (o “G” do centro do taboleiro). Hai 7 casiñas marcadas co número 3, e 8 casiñas co número 2, así como 4 casiñas co nome da cada unha das cidades capital de provincia. O resto de casiñas fan referencia ás diferentes temáticas identificadas pola súa cor e o debuxo correspondente.

COMO SE XOGA

Cada xogador/a, segundo a orde sorteada con anterioridade, pon o seu peón na casiña de saída. O/A participante da esquerda do/a que lle toca xogar, collerá a primeira tarxeta-pregunta do mazo e lerá, primeiro o encabezamento e despois as catro opcións. O/A xogador/a preguntado/a terá que saber que opción non pertence ao encabezamento. Se a resposta está ben, avanzará unha casiña co seu peón. No caso contrario, se non acertase, deixará o peón onde estaba e pasará a quenda ao/á seguinte participante, sendo neste caso el/a o/a encargado/a de preguntar.

En cada quenda, o/a xogador/a ten dereito a un máximo de 5 preguntas, sempre e cando as vaia atinando; é dicir, se falla non ten dereito a continuar pasando de inmediato a quenda ao/á seguinte participante.

Cando o/a xogador/a estea na casiña dun tema determinado e a pregunta que se lle fai corresponda con ese tema, en lugar de avanzar co peón unha casiña, avanzará dúas, e no caso de fallar ficará sen movelo.

Cando estea nunha casiña de número, avanzará ou retrocederá ese número de casiñas segundo atine ou falle na súa resposta.

Nas casiñas das cidades, no caso de atinar coa resposta correcta avanzaranse co peón 5 casiñas e, no caso de fallar, retrocederanse 10.

As tarxetas-pregunta que se vaian usando colocaranse na base do mazo para seren empregadas de novo.

FINAL DO XOGO

O/A xogador/a que chegue en primeiro lugar á casiña de chegada (O “G” central) será o/a gañador/a da partida.

9 produtos máis na mesma categoría: