OZOCOgz deseño galego · OZOCOgz  PAPELARÍA · OZOCOgz deseño galego · OZOCOgz PAPELARÍA · OZOCOgz deseño galego · OZOCOgz PAPELARÍA
Novo Bolsa algodón orgánico Ver máis grande

PERSPECTIVAS

ozoco-CD01

Produto novo

CD PERSPECTIVAS do cuarteto de jazz carballiñés 4MAL QUARTET JAZZ

Máis detalles

100 Artigos

10,00 € IVA incl.

Máis información

4Mal Quartet Jazz é un grupo galego, concretamente do Carballiño. Nace no ano 2016 como ampliación do dúo de jazz Pardedous. O seu repertorio está formado por temas de jazz clásico, standars, funk e temas propios.
Este cuarteto leva tocado por diferentes locales de toda Galicia, algúns deles son a Arca da Noe (premio Martín Codax á mellor sala de concertos ao vivo), Pub Aljama (Ribadavia), A Taberna do Jazz (Pontevedra), O Trono da Moura (Tintores, Verín), Mosteiro de Celanova.
Logo de moitos concertos 4Mal Quartet Jazz decide lanzar unha campaña de Crowdfunding a través da plataforma Verkami, para lanzar o seu primeiro disco. A campaña foi todo un éxito e en outubro de 2017 lanzan o seu primeiro disco, Perspectivas.
Perspectivas está formado por 10 temas, dous dos cales son bonus; todos os temas son de composición propio excepto o número 8, que é unha versión do Uncle Remus de Frank Zappa. Os dous temas bonus son collidos da formación orixinal (Pardedous) xunto co poeta (tamén carballiñés) Quico Valeiras.

Na edición deste traballo participamos OZOCOgz moi activamente coa maquetación do mesmo.

Tamén podedes adquirir o traballo en formato dixital na seguinte ligazón: https://store.cdbaby.com/Artist/4malQuartetJazz