Aviso Legal

1. Información legal e aceptación

As presentes disposicións regulan o uso do servizo da web corporativa (en adiante a “Web Corporativa” ou a “Web”) que OZOCOGZ-ATENDA.COM (en adiante, OZOCOGZ) pon a disposición dos usuarios da internet. OZOCOGZ, é una marca propiedade de Eladino Cabanelas Fernández, con domicilio fiscal na R/ Conde Vallellano nº53 – 5º, 32500, O Carballiño, Ourense, N.I.F. número 34.948.486-D,  Teléfono 600876196.
A utilización da Web atribúe a condición de usuario da Web (en diante, o “Usuario”) e implica a aceptación de todas as condicións incluídas neste Aviso Legal. A prestación do servizo da Web ten unha duración limitada ao momento no que o Usuario se atope conectado á Web ou a algún dos servizos que se facilitan a través do mesmo. Por tanto, o Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que se propoña utilizar a Web, xa que esta e as súas condicións de uso recollidas no presente Aviso Legal poden sufrir modificacións.

2. Obxecto

O obxecto das presentes condicións xerais é regular o uso que poden realizar os Usuarios da Web de OZOCOGZ que actualmente se atopa na URL www.ozocogz-atenda.com, sen prexuízo de que certos servizos ou contidos dentro da Web se sometan ás súas propias condicións particulares, regulamentos e instrucións que, no seu caso, substitúen, complementan e/ou modifican o presente Aviso Legal e que deberán ser aceptadas polo Usuario antes de iniciarse a prestación do servizo correspondente.

3. Acceso

O acceso e o uso da Web, ten carácter gratuíto para os Usuarios (salvo no relativo ao custo de conexión a través da rede de telecomunicacións subministrada polo provedor de acceso contratado polos usuarios) e non exixe o rexistro previo do usuario con carácter xeral. Con todo, o acceso e uso de determinadas informacións e servizos ofrecidos a través da Web só poden facerse previo rexistro do usuario.
En caso do rexistro de usuarios a través de identificadores e contrasinais, tanto o identificador como o contrasinal pertencerán exclusivamente á persoa á que se lle conceden. O usuario deberá manter baixo a súa exclusiva responsabilidade tanto o identificador como o contrasinal na máis estrita e absoluta confidencialidade, asumindo, por tanto, cantos danos ou consecuencias de todo tipo se deriven do quebrantamento ou revelación do segredo.

4. Propiedade intelectual e industrial

Todos os contidos da Web, entendendo por estes a título meramente enunciativo os textos, fotografías, software, links e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico, códigos fonte, estruturas de navegación e demais servizos ou produtos telemáticos integrados na Web (en diante, os “Contidos”) son propiedade exclusiva de OZOCOGZ ou de terceiros, sen que poida entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación recoñecidos pola normativa vixente en materia de propiedade intelectual sobre os mesmos, salvo aqueles que resulten estritamente necesarios para o uso da Web, polo que o usuario se compromete a non infrinxir ningún dereito derivado da propiedade intelectual ou industrial, quedando expresamente prohibida a reprodución total ou parcial dos mesmos, a súa comunicación pública, distribución ou calquera forma de explotación, salvo consentimento expreso e por escrito por parte de OZOCOGZ. O usuario comprométese a utilizar a devandita información e servizos exclusivamente para as súas propias necesidades e a non realizar directa ou indirectamente unha explotación comercial dos servizos aos que ten acceso ou dos resultados obtidos grazas á utilización da Web Corporativa, salvo que obtivese consentimento expreso de OZOCOGZ. O usuario obrígase a non utilizar as facilidades e capacidades da Web Corporativa para realizar ou suxerir actividades prohibidas pola lei ou para tentar atraer os usuarios cara a outros servizos competidores.
As marcas, nomes comerciais ou signos distintivos son titularidade de OZOCOGZ ou terceiros, e están protexidos pola lexislación vixente en materia de propiedade industrial, sen que poida entenderse que o acceso á Web atribúa ningún dereito sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos.

5. Condicións xerais de uso

5.1 Xeral
O usuario obrígase a facer un uso correcto da Web de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte a OZOCOGZ ou fronte a terceiros, de calquera dano ou prexuízo que puidese causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obrigación.
OZOCOGZ resérvase o dereito de bloquear o acceso dos usuarios que fagan un uso da Web contrario á Lei ou ás condicións do presente Aviso Legal, podendo anular ou bloquear, no seu caso, o identificador e contrasinal dos usuarios rexistrados.
Queda expresamente prohibido o uso da Web con usos lesivos de bens ou intereses de OZOCOGZ ou de terceiros ou que de calquera outra forma sobrecarguen, danen ou inutilicen as redes, servidores e demais equipos informáticos (hardware) ou produtos e aplicacións informáticas (software) de OZOCOGZ ou de terceiros.

5.2 Contidos
O usuario comprométese a utilizar os contidos de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal, así como coas demais condicións, regulamentos e instrucións que no seu caso puidesen ser de aplicación de conformidade co disposto na cláusula 2. Con carácter meramente enunciativo, o usuario de acordo coa lexislación vixente deberá absterse de:
    - Reproducir, copiar, distribuír, pór a disposición, comunicar publicamente, transformar ou modificar os Contidos salvo nos casos autorizados na lei ou expresamente consentidos por OZOCOGZ ou por quen ostente a titularidade dos dereitos de explotación no seu caso.
    - Reproducir, copiar para uso privado os Contidos que poden ser considerados como Software ou Base de Datos de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, así como a súa comunicación pública ou posta a disposición de terceiros cando estes actos impliquen necesariamente a reprodución por parte do usuario ou dun terceiro.
    - Extraer e/ou reutilizar a totalidade ou unha parte substancial dos Contidos integrantes da Web así como das bases de datos que OZOCOGZ poña a disposición dos usuarios.

5.3 Formularios de recollida de datos
Sen prexuízo do disposto na cláusula 7 do presente Aviso Legal, así como nas políticas de privacidade accesibles desde a Web e que puidesen resultar aplicables en cada momento, a utilización de certos servizos ou solicitudes dirixidos a OZOCOGZ están condicionados ao previo enchemento do rexistro de usuario.
Toda a información que facilite o usuario a través dos formularios da Web para os efectos anteriores ou calquera outros deberá ser veraz. A estes efectos, o usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique e manterá a información facilitada a OZOCOGZ perfectamente actualizada de forma que responda, en todo momento, á situación real do usuario. En todo caso será o usuario o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause a OZOCOGZ ou a terceiros pola información que facilite.

5.4 Introdución de ligazóns á Web
O usuario da internet que queira introducir ligazóns desde as súas propias páxinas web á Web deberá cumprir coas condicións que se detallan a continuación sen que o descoñecemento das mesmas evite as responsabilidades derivadas da Lei:
    - A ligazón poderá vincular calquera páxina web- fóra daquelas que incorporen datos persoais, bases de datos ou outra información sometida a LOPD-, mais non poderá reproducila de ningún xeito (inline links, copia dos textos, gráficos, etc.).
    - Quedará en todo caso prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento,  establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan a Web ou permitan a visualización dos Contidos a través de direccións da internet distintas das da Web e, en calquera caso,  cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos á Web de forma que: (I) produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nos usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou Contidos; (II) supoña un acto de comparación ou imitación desleal; (III) sirva para aproveitar a reputación da marca e prestixio de OZOCOGZ; (IV) de calquera outra forma resulte prohibido pola lexislación vixente.
    - Non se realizarán desde a páxina que introduce a ligazón ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre OZOCOGZ, os seus socios, empregados ou clientes sobre a calidade dos servizos que presta.
    - En ningún caso, se expresará na páxina onde se sitúe a ligazón que OZOCOGZ prestou o seu consentimento para a inserción da ligazón ou que doutra forma patrocina, colabora, verifica ou supervisa os servizos do remitente.
    - Está prohibida a utilización de calquera marca denominativa, gráfica ou mixta ou calquera outro signo distintivo de OZOCOGZ, dentro da páxina do remitente salvo nos casos permitidos pola lei ou expresamente autorizados por OZOCOGZ  e sempre que se permita, nestes casos, unha ligazón directa coa Web na forma establecida nesta cláusula.
    - A páxina que estableza deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso dispor ou enlazar con contidos propios ou de terceiros que: (I) sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.); (II) induzan ou poidan inducir no usuario a falsa concepción de que OZOCOGZ subscribe, apoia, adhírese ou que de calquera xeito apoia, as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; (III) resulten inapropiados ou non pertinentes coa actividade de OZOCOGZ en atención ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.

6. Exclusión de responsabilidade

6.1 Da información
O acceso á Web non implica a obrigación por parte de OZOCOGZ de comprobar a veracidade, exactitude, adecuación, idoneidade, exhaustividade e actualidade da información proporcionada a través do mesmo. Os contidos desta Web son de carácter xeral polo que dita información resulta insuficiente para a toma de decisións persoais por parte do usuario.
OZOCOGZ non se responsabiliza das decisións tomadas a partir da información proporcionada na Web nin dos danos e prexuízos producidos no usuario ou terceiros con motivo de actuacións que teñan como único fundamento a información obtida na Web.

6.2 Da calidade do servizo
O acceso á Web non implica a obrigación por parte de OZOCOGZ de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ao usuario, en todo caso, a dispoñibilidade de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.
OZOCOGZ non se responsabiliza dos danos producidos nos equipos informáticos dos usuarios ou de terceiros durante a prestación do servizo da Web.

6.3 Da dispoñibilidade do servizo
O acceso á Web require de servizos e subministracións de terceiros, incluídos o transporte a través de redes de telecomunicacións cuxa finalidade, calidade, continuidade e funcionamento non corresponde a OZOCOGZ. Por conseguinte, os servizos provistos a través da Web poden ser suspendidos, cancelados ou resultar inaccesibles, con carácter previo ou simultáneo á prestación do servizo da Web.
OZOCOGZ non se responsabiliza dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos no usuario que traian causa de fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo da Web durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.
OZOCOGZ poderá realizar as modificacións que estime convenientes na Web, podendo incluír servizos e contidos adicionais aos actuais ou, no seu caso, suprimilos. OZOCOGZ poderá modificar a Web cando considere oportuno e poderá bloquear o acceso a todos ou parte dos usuarios da mesma para proceder a realizar modificacións ou as reparacións que considere necesarias en calquera momento. En ningún caso, OZOCOGZ será responsable do inadecuado funcionamento do sistema se iso obedece a unha defectuosa configuración dos equipos do usuario ou á súa insuficiente capacidade para soportar os sistemas informáticos indispensables para poder facer uso do servizo.

6.4 Dos contidos e servizos enlazados a través da Web
O servizo de acceso á Web inclúe dispositivos técnicos de ligazón, directorios e mesmo instrumentos de busca que permiten ao usuario acceder a outras páxinas e portais da internet (en diante, “Sitios Enlazados”). Nestes casos, OZOCOGZ actúa como prestador de servizos de intermediación de conformidade co artigo 17 da Lei 34/2002, do 12 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico (LSSI) e só será responsable dos contidos e servizos subministrados nos Sitios Enlazados na medida en que teña coñecemento efectivo da ilicitude e non desactivase a ligazón coa dilixencia debida. No caso de que o usuario considere que existe un Sitio Enlazado con contidos ilícitos ou inadecuados poderá comunicalo a OZOCOGZ  de acordo co procedemento e os efectos establecidos na cláusula 8, sen que en ningún caso esta comunicación leve a obrigación de retirar a correspondente ligazón. En ningún caso, a existencia de Sitios Enlazados debe de presupor a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación de OZOCOGZ coas manifestacións, contidos ou servizos provistos.
OZOCOGZ non coñece os contidos e servizos dos Sitios Enlazados e por tanto non se fai responsable polos danos producidos pola ilicitude, calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro ou inutilidade dos contidos e/ou servizos dos Sitios Enlazados nin de calquera outro dano que non sexa directamente imputable a OZOCOGZ.

7. Protección de datos persoais

Os datos solicitados a través de formularios de recollida de datos da Web serán incorporados a un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do que é responsable OZOCOGZ.
De acordo co establecido no RGPD (REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO) de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e plo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), o abonado e/ou usuario (en diante, “o cliente”) presta o seu consentimento para que os seus datos persoais sexan incorporados aos ficheiros, automatizados ou non,  propiedade de OZOCOGZ, que teñen como finalidade a xestión dos clientes, premiar a súa fidelidade e mantelos informados por calquera medio (electrónico ou non) de todas as ofertas de produtos e/ou servizos, e/ou promocións incluíndo a análise e a formación de perfís e, en xeral, a realización de accións comerciais, de promoción e/ou márketing relacionadas coas actividades propias do obxecto social de OZOCOGZ, así como co deporte, lecer, saúde, benestar, provedores de transporte, seguros, servizos inmobiliarios, publicidade e a prestación de servizos de valor engadido.
O cliente ten dereito a acceder ao ficheiro que contén os seus datos de carácter persoal, de cuxo tratamento é responsable OZOCOGZ, a fin de exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante correo postal ordinario dirixido a OZOCOGZ, Eladino Cabanelas Fdez., R/ Conde Vallellano nº53 – 5º, 32500, O Carballiño, Ourense, Asunto: LOPD, achegando fotocopia do DNI, solicitude que se realiza, indicación do domicilio a efectos de notificacións, data e sinatura. Para a súa maior comodidade, poderá igualmente obter información para o exercicio destes dereitos telefonicamente, a través do número que se indica no apartado 1 deste Aviso Legal.
Así mesmo, OZOCOGZ cancelará, borrará e/ou bloqueará os datos cando resultaren inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal. A estes efectos, rogámoslle que nos comunique inmediatamente calquera modificación dos seus Datos a fin de que a información contida nos nosos ficheiros estea en todo momento actualizada e non conteña erros.
Nos formularios de recollida de datos, os campos obrigatorios virán sinalados, especificamente, polo que no caso de que o usuario non facilite os datos correspondentes, OZOCOGZ poderá á súa soa discreción denegar o correspondente servizo.
OZOCOGZ adopta os niveis de seguridade requiridos polo Regulamento de Medidas de Seguridade aprobado polo Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal. Non obstante o anterior, a seguridade técnica nun medio como internet non é inexpugnable e poden existir filtracións por actuacións dolosas de terceiros.
OZOCOGZ poderá utilizar cookies durante a prestación do servizo da Web. As cookies son procedementos automáticos de recollida de información relativa ás preferencias determinadas por un usuario durante a súa visita a unha determinada páxina web. Esta información rexístrase en pequenos arquivos que son gardados nos equipos informáticos do usuario correspondente de forma imperceptible. Cada vez que o usuario volve acceder ao sitio web en cuestión estes arquivos actívanse automaticamente de maneira que se configura o sitio web coas preferencias sinaladas en anteriores visitas. En definitiva, as cookies son ficheiros físicos de información persoal aloxados no propio terminal do usuario e asociados inequivocamente a este terminal.
As cookies non poden ler os arquivos cookies creados por outros provedores.
O usuario ten a posibilidade de configurar o seu programa navegador de maneira que se impida a creación dos arquivos cookie ou se advirta do momento en que iso ocorre. A Web é accesible sen que estean activadas as opcións referentes aos arquivos cookie, aínda que poden impedir o correcto funcionamento de mecanismos de seguranza para servizos excluídos ou determinados servizos que requiren de maior seguridade. Por norma xeral, a finalidade dos arquivos cookie da Web é a de facilitar a navegación do usuario.

8. Comunicación de carácter ilícito e inadecuado

No caso de que o usuario ou calquera outro usuario da internet tivese coñecemento de que os Sitios Enlazados remiten a páxinas cuxos contidos ou servizos son ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou contrarios á moral poderá pórse en contacto con OZOCOGZ indicando os seguintes extremos:
    - Datos persoais do comunicante: nome, dirección, número de teléfono e dirección de correo electrónico;
    - Descrición dos feitos que revelan o carácter ilícito ou inadecuado do Sitio Enlazado;
    - No suposto de violación de dereitos, tales como propiedade intelectual e industrial, os datos persoais do titular do dereito infrinxido cando sexa persoa distinta do comunicante;
    - Así mesmo, deberá achegar o título que acredite a lexitimación do titular dos dereitos e, no seu caso, o de representación para actuar por conta do titular cando sexa persoa distinta do comunicante;
- Declaración expresa de que a información contida na reclamación é exacta.
A recepción por parte de OZOCOGZ da comunicación prevista nesta cláusula non suporá, segundo o disposto na LSSI, o coñecemento efectivo das actividades e/ou contidos polo comunicante.

9. Lexislación

O presente Aviso Legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola lei española.